Febreiro 2019

Mandatos do Meco

Ao longo da semana do luns 25 de febreiro ata o venres 1 de marzo celebraremos o Entroido no colexio.

Comezaremos coas Ordes do Meco.

 

Esta semana ti es o rei.

Ordena o que queiras, Meco!

Que nós queremos pasalo ben.

 

    LUNS, un grande bigote pintado

de cociñeiro… ben mirado!

 

    

 

 

 

 

 

 

 

  MARTES, na cabeza un pano branco ou de cor traerás

  ben atadiño por atrás.

 

    MÉRCORES, un mandil vas traer

con todas as cousas á vez.

 

    XOVES,  disfrazado virás

como a ti che guste máis.