Xaneiro 2019

OBRADOIRO DE COCIÑA

O alumnado de segundo curso de Ed. Primaria participou nun taller de cociña e a verdade non se lles deu nada mal. Fixeron a torta da avoa contando coa colaboración de Verónica Pérez a nai de Luca. Xa sabemos que non podemos tomala todos os días pero para festexar o fin do primeiro trimestre é unha boa idea. Como podedes ver nas fotos  os nenos e nenas  desfrutaron moito ese día. 

 

PRIMAVERA DAS LETRAS

A Real Academia Galega enviounnos un diploma recoñecendo o noso traballo sobre María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018. Amosámosvos o diploma que acadamos co traballo feito entre todos.

 

NADAL 2018

Cando chega O Nadal as familias axúdannos a decorar a  nosa árbore. Este curso os adornos seguiron a temática do proxecto "Tilandra medra sa". Quedou super chulo!. Comprobádeo vos mesmos neste video. 

Grazas por colaborar un ano máis.

 

 

POSTAIS DE NADAL

Un ano máis celebrouse o "Concurso de Postais de Nadal". Os nenos e nenas do colexio participaron no concurso realizando unha postal con temática navideña na que se tiña en conta o PDI "Tilandra medra sa". Elixíronse dúas postais unha de Educación Primaria e outra de Educación Infantil. 

As gañadoras foron:

Marta Casais Cuns de 6º B de Ed. Primaria e Xulia Rodríguez Villaverde de 6º B Ed. Infantil.

NORABOA RAPACIÑAS!

 

 

VISITA DO APALPADOR

O Apalpador visitou o colexio dos Tilos e parolou cos nenos e nenas de Educación Infantil. Achegouse aos cativos e convidounos a unhas castañas quentiñas. Os meniños e meniñas estiveron engaiolados coa marabillosa visita.  

MOITAS GRAZAS FAMILIA !

 

Pincha na imaxe e verás o ben que o pasaron os pequerech@s do cole.

 

Powered by Drupal - Design by artinet