Novembro 2018

O ESPANTALLO AMIGO

O luns 26 de novembro o alumnado dende segundo ata quinto de Educación Primaria asistiron ao Auditorio da Ramallosa, para a adaptación que "Os Quinquilláns Teatro" fixeron do libro O Espantallo Amigo de Neira Vilas. Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. A obra obtivo un gran acollemento por parte dos nenos e nenas do cole e todos poidemos desfrutar dunha xornada divertida e enriquecedora.

 

EXPERIMENTOS COS ALIMENTOS!

O mes de novembro é o mes da Ciencia en Galego. Este ano  partindo do proxecto de centro : "Hábitos de vida saudable" experimentamos cos alimentos. Aquí tedes unha pequena mostra desas demostracións.

 

 

<

Experimentos from CEIP OS TILOS on Vimeo.

REFRANEIRO DE OUTONO

Na nosa lingua temos unha gran variedade de refráns coa temática do Outono, por iso decidimos elaborar un refraneiro no que participaran as distintas  aulas escollendo o que máis lles gustara. A premisa da que se partiu era que o refrán tiña que facer mención a alimentos xa que estamos traballando no proxecto "Tilandra medra sa"

 

VISITA A CASA DO PATRÓN

Dentro do proxecto "Tilandra medra sa" o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil visitamos a Casa do Patrón en Lalín para participar nun Obradoiro de elaboración do pan. Os nenos e nenas esfollaron, debullaron millo e amasaron un boliño. De seguido degustaron un almorzo para recuperar forzas para logo xogar cos carolos do mesmo xeito que xogaban as nosas avoas. 

 

 

COMEMOS O MEDO!

Co gallo da celebración do Magosto e do Samaín os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega propuxemos as seguintes actividades. Comezamos cun Obradoiro de "Alimentos monstruosos " realizado na biblioteca  coa finalidade de elaborar o cartel anunciativo do festexo. Dado que os alimentos son unha parte importante do proxecto "Tilandra medra sa" decidimos convertelos en monstros. Posteriormente convidamos ás familias para que participasen na xa tradicional "Exposición de Outono", este curso cunha novidade, ademais das cabazas  tamén trouxeron froitos decorados. A temática para a decoración xirou arredor dos estilos de vida saudable. Non podían faltar os contos de medo.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2018/2019

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2018/2019

 

Neste curso desenvolveremos o proxecto documental integrado: Tillandra medra sa.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet