Abril 2018

Descubrimos as parroquias de "Teo", "Recesende" e "Cacheiras" da man de Andrea, Leonor, Sara e Alejandro

Andrea, Leonor, Sara e Alejandro de 2º de Primaria A amósannos as parroquias de Teo, Recesende e Cacheiras.

Parabéns polo voso traballo!!!

Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía

Candela, Luna, Martina e Sofía, alumnas de 2º A, amósannos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" no Concello de Teo.

Parabéns polo voso traballo!!!

Visita de Ignacio Soto, arquitecto do Concello de Teo

O venres, 6 de abril, o alumnado de 4º de Primaria recibiu a visita de Ignacio Soto, arquitecto do Concello de Teo. Durante a súa visita o alumnado aprendeu a distinguir os  distintos tipos de construcións así como a diferenza que hai entre as construcións tradicionais e modernas.

Esta actividade está relacionada co PDI: "Investiga Teo con Tilandra" dado que o alumnado de 4º é o encargado de investigar os distintos tipos de construcións que podemos atopar no noso Concello.

arquitecto

Visita a Meteogalicia

O mércores, día 4 de abril, o alumnado de 5º de Primaria visitou o centro de Meteogalicia en Santiago.

Durante a súa visita, o alumnado participou nunha sesión informativa sobre Metereoloxía e aparatos metereolóxicos e tamén sobre o ruido ambiental.

Asemade, tiveron a oportunidade de asistir a como se fai o pronóstico do tempo, en directo, nun medio de comunicación, neste caso na radio así como ao lanzamento dun globo sonda.

Esta actividade está relacionada co PDI: "Investida Teo con Tilandra" xa que o alumnado de 5º está a investigar todos os aspectos relacionados coa xeografía, clima, economía,... do noso Concello.

21 de marzo: Día Internacional da Poesía

O día 21 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Poesía. Nesta ocasión, para lembrar este día, fixemos un gran cartaz cun anaco do poema: "Os ollos dos Poetas" de Rosalía Morlán, no que mediante un caligrama, tentamos recrear unha das formas máis comúns que teñen os petróglifos do noso Concello.

cartaz poesiaAo longo dos días 21, 22 e 23 leváronse a cabo as seguintes actividades:

  • Na área de plástica, o alumnado de 4º de Primaria ilustrou un poema do libro "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017).
  • Lecturas compartidas de poesía: durante a "Hora de ler" o alumnado compartiu as súas poesías favoritas cos seus compañeiros.
  • Creación dun "Recuncho poético": no que o alumnado foi poñendo as súas propias creacións,os seus poemas favoritos e ilustracións dos mesmos.

Obradoiro: Instrumentos musicais galegos

O día 15 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de instrumentos musicais galegos. Neste obradoiro o alumnado aprendeu a diferenciar entre instrumentos tradicionais e populares asi como o ritmo de distintas danzas galegas.

Powered by Drupal - Design by artinet