Marzo 2018

"Mulleres de Teo": 8 de marzo Día Internacional da Muller

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Este ano dado que estamos a desenvolver o PDI sobre o noso Concello, este día adicámollo a todas as mulleres deste concello.

Baixo o título: "Mulleres de Teo" o Equipo de Biblioteca confeccionou un gran cartaz con algunhas imaxes de mulleres destacadas deste Concello. Ao longo da semana este cartaz irase completando con fotos de todas aquelas mulleres que son importantes para o noso alumnado e que residen no noso Concello.

cartaz_muller

Os "regueifeiros" de 6º de Primaria

A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.

O día 2 de marzo o alumnado de 6º de Primaria participou no proxecto "Enreguéifate" impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago e Teo co fin de dar apoio á difusión de improvisación oral en verso e, deste xeito, promocionar a lingua galega.

Despois de participar nun Obradoiro de Regueifas, este alumnado foi quen de facer as súas propias regueifas que tiñan como temática o feminismo aproveitando que o día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller.

O alumnado de 1º de Primaria visita o Plató 1000 da TVG

O día 27 de febreiro o almnado de 1º de Primaria visitou o Plató 1000 da TVG, lugar de gravación dos programas Luar, Bamboleo e LandRober, que se atopa no Concello de Teo.

Esta actividade, unha vez máis, ten relación co aspecto que están a investigar dentro do proxecto "Investiga Teo con Tilandra"

"Estampas de Teo a través dos poemas de Rosalía de Castro"

O 24 de febreiro un ano máis, xunto cos demais equipos do centro, celebramos o Día de Rosalía. Dende a biblioteca escolar quixemos sumarnos a esta celebración. Aproveitando que estamos traballando no PDI: "Investiga Teo con Tilandra" e dado que este concello conta cunha gran riqueza paisaxística quixemos rendir unha pequena homenaxe a esta autora a través da paisaxe teense.

 

Powered by Drupal - Design by artinet