Novembro 2017

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é a data escollida pola ONU para celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Para conmemorar ese día elaboramos un cartaz co lema "TENDENDO PONTES CARA A IGUALDADE" e que fai alusión ao proxecto documental integrado que estamos desenvolvendo ao longo destre curso. Preme na imaxe para acceder á nosa proposta didáctica.

PARABÉNS PARA MARILAR ALEIXANDRE

A escritora Marilar Aleixandre gaña o XI Premio Raíña Lupa.

A autora convértese así na primeira muller en recibir este premio coa novela "A filla do Minotauro". 

Parabéns por este premio.

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

O 20 de novembro é o día no que a ONU celebra o Día Universal do Neno. É n día para chamar a atención sobre a situaciòn dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da súa importancia.

Este curso o alumnado de 6º de Primaria, xunto con almnado dos diferentes centros do concello de Teo, vai participar na actividade proposta desde o Concello para a consecución do Selo de Cidades Amigas da Infancia.

CELEBRAMOS A FEIRA DO SAN MARTIÑO

O día 10 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. Este curso, dado que o PDI leva como temática o concello de Teo, intentouse recrear á feira do San Martiño xa que esta feira goza dunha gran popularidade dentro e fora do noso Concello.

Nesta actividade contouse, ademais da participación de todos os equipos do centro, coa participación da ANPA e familias do alumnado. 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

Gústache xogar? Preme na imaxe para pasar un rato divertido comprobar canto coñeces sobre a feira do San Martiño.

VISITA DO ARQUIVEIRO DO CONCELLO

O día 7 de novembro, Pablo, o arquiveiro do Concello de Teo,  estivo visitando ao alumnado de 5º de Primaria para contarlle algunhas curiosidades do noso concello. Preme na imaxe para saber máis cousas e ver máis imaxes.

 

PRESENTACIÓN DO NOVO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2016/2017

Tilandra danos a coñecer o novo proxecto documental integrado a desenvolver ao longo deste curso. Preme na imaxe para saber máis.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2016/2017: "INVESTIGA TEO CON TILANDRA"

Tilandra danos a coñecer o novo proxecto documental integrado a desenvolver ao longo do curso 2016/2017: InvestigaTeo con Tilandra".

A cada nivel entregouselle unha carta de Tilandra e unha caixa con varios obxectos sobre os aspectos que tiñan que investigar.

 

SAMAÍN 2017

Do 30 de outubro ao 3 de novembro celebramos o Samaín na nosa biblioteca.

Durate estos días realizáronse lecturas compartidas de medo durante a hora de ler.

OS NOSOS PARABÉNS PARA AN ALFAYA

A escritora An Alfaya (Mª Ángeles Alfaya Bernárdez) gañou a 2ª edición do Premio Xosé Neira Vilas de novela curta coa súa obra "O home de negro".

Os nosos parabéns por este premio. 

OS NOSOS PARABÉNS PARA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Antonio García Teijeiro obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2017 pola súa obra "Poemar o mar" escrita en lingua galega.

Os nosos parabéns por este premio.

Powered by Drupal - Design by artinet