Maio 2017

Enquisa alumnado 2016/2017

A vosa opinión é moi importante. Cubre esta inquisa e axúdanos a mellorar.

 

Tedes ata o 2 de xuño para responder.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Enquisa para as familias Curso 2016/2017

Contamos con vós para mellorar! Dade a vosa opinión sobre o traballo relacionado coa Biblioteca Escolar. Teremos as vosas sexestións en conta!

 

Tedes ata o 2 de xuño para responder.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Enquisa profesorado curso 2016/2017

 vosa opinión é moi importante para nós. Cubre a enquisa e axúdanos a mellorar!!

 

 

Tedes ata o 2 de xuño para responder.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Visita de Paco Martín

O venres 26 de maio o autor Paco Martín estivo visitando ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Visita de Xosé Antonio Perozo

O día 18 de maio o autor Xosé Antonio Perozo visitou ao alumnado de cinco anos para contarlles e falarlles do seu libro:"Unha mensaxe para Sara" que narra a primeira aventura entre o cabalo Branco de cores e a súa amiga Sara. Xuntos percorren a cidade de Santiago na procura dunha mensaxe que deixou a avoa de Sara.

Tamén nos agasallou con dous libros sobre Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Contacontos:" Historia de una peregrinación"

O día 16 de maio o alumnado de cinco anos participou nunha sesión de contacontos: "Historia de una peregrinación" a cargo de Eva De la Peña.

Letras Galegas 2017

Durante o mes de maio celebramos o mes das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é o autor ourensán Carlos Casares.

Aquí vos deixamos unha relación de libros que podes atopar na biblioteca.

Ao longo de todo o mes desenvolvéronse as seguintes actividades relacionadas coa nosa cultura e o autor homenaxeado:

  • Participación na "Regueifesta": Actividade proposta dende o departamento de música na que participou o alumnado de 5º de Primaria. Esta actividade tivo lugar o día 12 de maio no auditorio de Galicia.
  • "As árbores de Carlos Casares": actividade proposta polo EDLG na que cada nivel fixo un mural con forma de árbore onde foron colocando os traballos realizados sobre Carlos Casares.

arbores

  • O 16 de maio celebrouse un acto a nivel de centro no que cada nivel deu a coñecer os seus traballos a todo o centro. Asemade, o alumnado de 5º de Primaria representou a obra: "A galiña azul".
actõ acto2
obra1 obra2

 

  • O 18 de maio o alumnado de cinco anos recibeu a visita de Xosé Antonio Perozo.

perozo

  • O 22 de maio o alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiu á obra teatral "A galiña azul" no auditorio de Galicia

Charla: A arte no Camiño de Santiago

O 10 de maio contamos coa colaboración de Eva, nai de Samuel (6º Primaria) e Dario (3º Primaria), que lles falou ao alumnado de 6º de Primaria sobre a arte no Camiño de Santiago.

 

 

Facendo camiño: Do Milladoiro a Santiago

O luns 15 de maio a Comunidade Educativa do CEIP Os Tilos fixo o tramo do Camiño de Santiago que vai dende o Milladoiro a Santiago. O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria iniciou o percorrido no Milladoiro, o de 3º e 2º incorporouse á altura de Vidán, 1º, 5 e 4 anos uneuse á altura da carballeira de San Lourenzo e o alumnado de 3 anos fixo dende a rúa Xoán XXIII.

Esta actividade, na que contamos coa colaboración da ANPA Cobas, forma parte das actividades que se están a desenvolver dentro do PDI: "Tilandra de Camiño a Santiago".

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Aquí vos deixamos un breve resumo desta actividade:

A TVG tamén se fixo eco da noticia. Preme na imaxe para acceder á nova (minuto 41:34):

tvg

 

 

Día do Libro: Apadriñamento de lectores

Un curso máis, o día 23 de abril, tivo lugar a xa tradicional "Lectura na carballeira", na que os nenos e nenas maiores apadriñaron aos nenos e nenas máis pequenas do centro.

Aquí vos deixamos un resumo desta actividade:

Powered by Drupal - Design by artinet