Abril 2017

24 de Febreiro: Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro conmemoramos, un ano máis, o Día de Rosalía. Este ano, dende o Equipo da Biblioteca e EDLG, decidimos unirnos a proposta feita pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: "RosalíaTe". A actividade consistiu en que cada alumno/a elaborou unha máscara de Rosalía que levaron para a súa casa para compartir coas súas familias e facer unha foto caracterizados/as de Rosalía, acompañados das súas persoas maiores: pais, avós,... e portando un cartel cun fragmento dun poema de Rosalía.

MOITAS GRAZAS  a todos e todas pola vosa colaboración.

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Un curso máis celebramos o Día da Paz e Non Violencia. Este curso o lema elixido foi: "Non hai camiño para a PAZ, a PAZ é o camiño" do pacifista Mahatma Gandhi, que ademáis fai referencia ao PDI. "Tilandra de Camiño a Santiago".

Aquí deixamos unha presentación sobre quen foi Gandhi.


 
Preme na imaxe para ver máis  sobre esta actividade

Contos arredor da lareira

"Contos arredor da lareira" é unha actividade que se porá en marcha durante os meses de decembro, xaneiro e febreiro durante a "Hora de ler". Nesta actividade contaremos coa colaboración das familias.

Xa temos todo listo para iniciar esta actividade na biblioteca do centro  o 5 de decembro .

Powered by Drupal - Design by artinet