Marzo 2017

Nadal no Camiño de Santiago

Este curso a decoración da nosa árbore estivo relacionada co Camiño de Santiago tema central do PDI que estamos a traballar ao longo de todo o curso 2016/2017.

Preme na imaxe para ver en que consistiu esta actividade na que contamos coa colaboración das familias.

NADALCAMINO

Asemade, a temática elixida polo EDLG para o concurso de postais navideñas tamén estivo relacionada coa temática do Camiño.

postais ganadoras

E como non podía faltar, aquí vos deixamos unha guía de lecturas de cara o Nadal. Preme na imaxe para acceder a ela.

guialectura

Nadal 2016: Unha visita moi especial

Un ano mais chegou o Nadal e a nosa biblioteca recibiu unha visita moi especial que lle fixo moita ilusión ao alumnado máis novo do cole: PAPÁ NOEL !!!

noelbiblio

Obradoiro Fada Tea

Os días 5 e 7 de decembro o alumnado de Ed. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria participou no obradoiro "Fada Tea" no que se dou a coñecer a mascota das bibliotecas do Concello de Teo, a Fada Tea, ao alumnado do noso centro.

Preme na imaxe para coñecer máis sobre esta actividade.

fadatea

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro é a data escollida pola ONU para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Con motivo desta celebración o alumnado de 6º de Primaria participaron nun obradoiro pola igualdade de xénero no que elaboraron un cartaz que tiña como lema: "25N: Por unha relación de igualdade".

Aquí vos deixamos unha pequena proposta de actividades e recursos que podes atopar na biblioteca e na web sobre este tema


Powered by Drupal - Design by artinet