Novembro 2016

Proxecto Documental Integrado 2016: "Tilandra de Camiño de Santiago"

Tilandra danos a coñecer o novo proxecto documental integrado a desevolver ao longo do curso 2016/2017: "De Camiño a Santiago":

 

Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas

   Ao longo deste mes de novembro celebramos o "Mes da Ciencia en Galego" en apoio da presenza da divulgación científica e galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega.

   Con esta celebración preténdese reivindicar a oportunidade do uso da Lingua Galega para a investigación, a divulgación e a docencia. Este ano a efeméride do 4 de novembro "Día da Ciencia en Galego" está adicada aos científicos galegos: Carlos Gómez-Reino Carnota e Isidro Parga Pondal.

   Para ver algúns dos libros relacionados co tema preme na imaxe:

logoAlgunhas actividades levadas a cabo foron:

  • Visita ao castro San Cibrao de Las: Alumnado 5º de Primaria.
  • Proxecto documental: Os ecosistemas: Alumnado de 6º de Primaria.

Para coñecer máis sobre estas actividades preme nas imaxes:

castrolas ecosistemas

 

Samaín 2016

Un curso máis, coa chegada do outono, celebramos o Samaín. A súa celebración remóntase á época dos Celtas.

Entre as actividades levadas a cabo cabe sinalar as seguintes:

  • Ambientaión da biblioteca: A nosa biblioteca convirtiuse na "Pousada Alto do Camiño". Un lugar "terrorífico" e ao mesmo tempo "acolledor" onde "descansar" e "desfrutar" de arrepiantes historias á vez que iniciamos a nosa andaina "Tilandra de Camiño a Santiago". (PDI a desenvolver ao longo do curso).

 

 

  • Exposición de lecturas de medo dentro e fóra da biblioteca.

  • Guía de lecturas
  • Venres de cine: "Corre, corre cabaciña" e "La dama y la muerte".

venrescine

  • Exposición de cabazas polos corredores.

  • Caderno de actividades relacionado coa canción de Mamá Cabra "O Samaín".


  • Elaboración da proposta didáctica: "Celebramos o Samaín".

  • O alumnado de 5 anos A presentounos o seu libro "El libro de los monstruos" baseado no libro " O monstro de Ricardo". 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet