Outubro 2016

"Tilandra" danos a benvida

A mascota da nosa biblioteca, Tilandra, dalle a benvida ao alumnado. Mirade de que forma o fixo.

 

Iniciamos a formación de usuarios

Ao longo de todo o mes de outubro tiveron lugar sesións de formación de usuarios destinadas aos novo colaboradores da biblioteca e tamén para o resto do alumnado. Nesta sesións tamén se fixo a entrega dos carnés e guías coas normas e servizos que ofrece a nosa biblioteca.

24 de Outubro: Día da Biblioteca Escolar

O día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar. 

Aqui vos deixamos unha pequena guía de libros que podes atopar na nosa biblioteca que falan sobre lectura, libros e bibliotecas.

 

Outubro: mes da biblioteca

Este mes de outubro celebramos o mes da biblioteca. Iniciamos o mes coa elaboración dun gran cartaz no que contamos coa participación do alumnado. O lema elixido tiña relación co proxecto a desenvolver ao longo de todo o curso: "Tilandra de Camiño a Santiago".

O lema nesta ocasión foi: "Poñémonos ao Camiño. Únete a nós".

Ao longo de todo o mes desenvolvéronse as seguintes actividades:

 

Biblioteca Escolar - Territorio das Artes

"Biblioteca escolar - Territorio das artes" é o lema escollido este curso 2016/2017 para os materiais que a Consellería de Educación e Ordenación envía ás bibliotecas escolares.

Nesta ocasión o cartaz foi creado por Minia Regos que non invita a experimentar o pracer de expresarnos a través das diferentes artes: música, pintura, arquitectura, danza, teatro, literatura, escultura, cine, cómic, fotografía,...

Powered by Drupal - Design by artinet