Xuño 2016

20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro celebramos o Día dos dereitos da infancia.

caztazdereitos lecturas

 

 Cada aula traballou e reflexionou sobre un deles:

dereitos

 

MAGOSTO 2015

O 13 de novembro, un curso máis, celebramos o magosto no noso centro. Este ano contamos ademais cunha xornada de xogos populares. Aquí tedes unha pequena guía coas normas de cada xogo.

 

 

Así transcurriu a xornada:

"VIAXA CO TERROR": SAMAÍN 2015

Un curso máis celebramos o Samaín no noso centro. O lema deste ano foi "Viaxa co terror". Esta celebración formaba parte do PDI: " O mundo é grande". O alumnado tivo que investigar acerca dos personaxes de medo que hai no país elixido e buscar semellanzas e diferenzas cos do noso país.

 

 

Outras actividades foron:

  • Curtas de medo na biblioteca.
  • Exposición de cabazas.
  • Guías de lecturas

Aquí vos deixamos un resumo de todo o traballado:

 

PLAN DE MELLORAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Por fin!!!

A nosa biblioteca "Biblio Tilandra" entrou a formar parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) no curso 2015/2016

"O MUNDO É GRANDE": PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2015/2016

" O mundo é grande" é o título elixido para o Proxecto documental integrado que estamos a desenvolver ao longo deste curso 2015/2016 no noso centro.
Asemade, este proxecto garda unha estreita relación co lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de Bibliotecas Escolares dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: "Biblioteca Escolar, base de exploracións".

mapa

Powered by Drupal - Design by artinet