Skip to Content

Complementarias

VISITA Ó IES RAMÓN CAAMAÑO

Durante a mañá do xoves 1 de xuño, o alumnado de 6º EP visitará o IES Ramón Caamaño de Muxía onde estará ecolarizado o vindeiro curso.

SAÍDA A CORUÑA E BETANZOS

O martes 30 de maio, o alumnado de Infantil, acompañado por mestras e familias, efectuou unha saída a Coruña para asistir a un taller de jumping e realizar unha viaxe en tren a Betanzos.

SAÍDA A VIMIANZO

O xoves 25 de maio o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º EP efectuou unha saída cultural a Vimianzo para visitar os Batáns, dolmes e castelo.

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA 6º EP

Do 22 ó 26 de maio, o alumnado de 6º EP realizou unha viaxe de fin de etapa a Asturias e Cantabria.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O venres 19 de maio, a partir das 14.30 h celebraremos as "Letras Galegas" cun festival no que contaremos coas actuacións da Chiquitropa "Rap himno galego", 4º EP "O por que desta celebración", 5º EP "Biografía de Carlos Casares", Carmen "Unha historia", 6º EP "Teatriño: A galiña azul" e a orquestra do colexio que interpretará "O son do ar". 

CHARLA INFORMATIVA: NAVEGA CON RUMBO

O venres 5 de maio, o alumnado de 5º e 6º EP participou na charla "Navega con rumbo", impartida para asesorar sobre a navegación segura en internet.

SAÍDA A MUXÍA: BIBLIOTECA MUNICIPAL E RUTA ROSALIANA E ABENTINA

O martes 2 de maio, o alumnado de 1º a 4º de EP, realizaron unha saída cultural a Muxía. Visitaron a biblioteca municipal e percorreron as rutas Rosaliana e Abentina, nas que se recitaron poemas destes autores. Contamos coa colaboración do concello, especialmente da técnica de cultura. 

SAÍDA Á PRAIA DOS MUÍÑOS

O xoves 27 de abril, o alumnado de Infantil acompañado por mestres e nais voluntarias, achegáronse ata a praia dos Muíños na xornada de tarde.

DÍA DO LIBRO

O martes 25 de abril celebramos o "Día do libro" co maratón de lectura sobre "As viaxes de Gulliver" e un xantar especial no comedor escolar, ambientado para a ocasión. Contamos coa participación das familias.

FESTA DA POESÍA E DA PRIMAVERA

O venres de 7 de abril celebraremos a "Festa da poesía e da primavera". A partir das 14.30 h, a Chiquitropa anunciará o comezo da actividade na que alumnado dos distintos niveis e familias recitarán poemas. Contaremos coa presenza do poeta Miguel Mato Fondo.

Distribuir contido


by Dr. Radut