Skip to Content

Localización

No mapa

RUTAS E MEDIOS DE ACCESO

As comunicacións son basicamente a través da rede de estradas locais e comarcais; os núcleos poboacionais máis importantes e próximos ós Muíños son:


Muxía-Pola LC 440 ( a 4 Km.)


Cee-Pola 2303 (a 13 Km.)


Carballo-Pola C440 e c-525 ( a 60 Km)


A Coruña- Pola C440 e C-525 ( a 92 Km)


Santiago- Pola C-440 (a 76 Km)


LOCALIZACIÓN

O Colexio de " Os Muíños" está situado ó Oeste da provincia da Coruña,en plena Costa da Morte, no concello de Muxía. Pertence á parroquia de Moraime e está situado na aldea de Os Muíños.

Esta aldea atópase a 4 quilómetros da vila de Muxía. O seu nome fai referencia ós moitos muíños que había, conservándose en pé unha boa chea deles. Pódense contabilizar nun percorrido de arredor dun quilómetro máis de quince muíños. Neles moíase o millo e o trigo dos lugares cercanos . Na actualidade, Os Muíños é o lugar máis poboado da parroquia de Moraime, que fai de centro de comunicacións de onde parten as estradas para a Ponte do Porto (pola costa ) e cara Cee e Corcubión. Tamén sae unha pista que nos conduce á extensa praia de Area Maior, onde desemboca o río Negro.

O concello de Muxía forma parte do partido xudicial de Corcubión. Ten unha extensión de 121 quilómetros cadrados e unha poboación en torno a 6.500 habitantes. Ten por lindeiro: Ó norte, a ría de Muxía-Camariñas; ó sur o río do Castro; ó leste os concellos de Dumbría e Vimianzo e ó oeste o Océano Atlántico. Está formado polas seguintes parroquias: Muxía, Moraime, Leis, Ozón, O, Caberta, Coucieiro, Vilastose, Bardullas, Buiturón, Frixe, Morquintián, Nemiña e Touriñán . Pertencen ó ámbito de influencia do noso colexio as cinco primeiras.

Distribuir contido


by Dr. Radut