Skip to Content

RECOÑECEMENTO Ó LABOR DA BIBLIOTECA POLO VOLUNTARIADO DE LECTURA-A

Hoxe sae publicada no Portal da consellería a resolución da convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre Bibliotecas Escolares Solidarias (Primaria), correspondente ao curso 2019/2020. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O noso centro, xunto con outros nove, foi seleccionado pola Comisión de Valoración logo de avaliar as 88 memorias de actividades recibidas por parte de centros adheridos á iniciativa “Voluntariado de lectura- A”, en función do interese e calidade das actividades realizadas.

 

 

Código
Centro
Concello
Provincia
15021792
CEIP Salgado Torres
Coruña, A
A Coruña
15009081
CEIP de San Ramón
Moeche
A Coruña
15024239
CEIP dos Muíños
Muxía
A Coruña
27004428
CEIP de Foz nº 1
Foz
Lugo
27016662
CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos
Monforte de Lemos
Lugo
32003771
CEIP Plurilingüe Curros Enríquez
Celanova
Ourense
32004118
CPI Antonio Faílde
Coles
Ourense
36002773
CEIP do Foxo
Estrada, A
Pontevedra
36008489
CEP Altamira
Salceda de Caselas
Pontevedra
36009524
CEP Pedro Caselles Beltrán
Tomiño
Pontevedra

Estes 10 centros seleccionados recibirán unha asignación de 600 euros para o desenvolvemento dun obradoiro especializado, destinado a un grupo de alumnos e alumnas que tivesen ao longo do curso un papel protagonista (dentro do grupo de voluntarios e voluntarias), participando directamente no deseño e xestión de actividades na biblioteca escolar.

Todo o alumnado voluntario recibirá un diploma pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural.

Unha vez máis o noso agradecemento ó Equipo de Biblioteca coordinado pola mestra responsable Mª José Abelleira Pequeño.

 



story | by Dr. Radut