Skip to Content

Novas

SAÍDA A MUXÍA

O mércores 18 de abril, o alumnado de Infantil desprazarase a Muxía na xornada da mañá para visitar a Biblioteca Municipal e o parque do Coído.

SAÍDA Ó TEATRO A CEE

O xoves 12 de abril os grupos de 5º e 6º de Primaria asistirán ó auditorio de Cee para ver a obra de teatro "Leonardo e os fontaneiros", adaptación da novela de Mª Victoria Moreno (autora a quen se lle adican este ano as Letras Galegas).

FESTIVAL DE NADAL

O xoves 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal, ó que convidamos a todos os membros da comunidade educativa. Preme aquí para ver o programa de actos.

SAÍDA Ó CINE A CEE

O martes 19 de decembro, o alumnado de Infantil e 1º EP desprazarase a Cee en horario de mañá para disfrutar da proxección dunha película na sala de cines A Xunqueira.

SAÍDA A CORUÑA

O mércores 20 de decembro o alumnado de 2º, 3º e 4º EP desprazarase a Coruña para visitar a Fundación Mª José Jove, o MUNCYT e a pista de xeo de Marineda. A saída será ás 9.15 h e a chegada ó centro ás 16.20 h.

CIRCULARES INFORMATIVAS PARA FAMILIAS. CURSO 21-22

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019-2020

Xa están publicadas na secretaría do centro as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2019/2020.

Todo o alumnado que solicitou admisión aparece como admitido nas listaxes definitivas.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018-2019

Do 1 ó 20 de marzo de 2018 estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2018-2019.

CURSO 2017-2018. COMEZO DAS CLASES

Segundo o calendario escolar oficial, as clases comezarán o luns 11 de setembro. Dado que en Muxía é festivo local (luns da Barca), as clases darán comezo o martes 12 de setembro en horario habitual.

As familias do alumnado de 4º de Educación Infantil serán convocadas previamente a esa data para concretar o periodo de adaptación.

VISITA Ó IES RAMÓN CAAMAÑO

Durante a mañá do xoves 1 de xuño, o alumnado de 6º EP visitará o IES Ramón Caamaño de Muxía onde estará ecolarizado o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut