Novas

SAÍDA Ó CINE A CEE

O martes 19 de decembro, o alumnado de Infantil e 1º EP desprazarase a Cee en horario de mañá para disfrutar da proxección dunha película na sala de cines A Xunqueira.

SAÍDA A CORUÑA

O mércores 20 de decembro o alumnado de 2º, 3º e 4º EP desprazarase a Coruña para visitar a Fundación Mª José Jove, o MUNCYT e a pista de xeo de Marineda. A saída será ás 9.15 h e a chegada ó centro ás 16.20 h.

CURSO 2017-2018. COMEZO DAS CLASES

Segundo o calendario escolar oficial, as clases comezarán o luns 11 de setembro. Dado que en Muxía é festivo local (luns da Barca), as clases darán comezo o martes 12 de setembro en horario habitual.

As familias do alumnado de 4º de Educación Infantil serán convocadas previamente a esa data para concretar o periodo de adaptación.

VISITA Ó IES RAMÓN CAAMAÑO

Durante a mañá do xoves 1 de xuño, o alumnado de 6º EP visitará o IES Ramón Caamaño de Muxía onde estará ecolarizado o vindeiro curso.

ADMISIÓN 2017-2018

Información sobre o procedemento de admisión 2017-2018

Instrucións da Xefatura Territorial da Coruña

COMEZO DO CURSO 2016-2017

Segundo o calendario oficial, a data de comezo do curso é o 12 de setembro. Xa que esta data coincide cun festivo local (Luns da Barca), as clases neste centro comezarán o martes 13 de setembro.

ACOLLIDA DO ALUMNADO E FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2016-2017

martes 14 de xuño recibiremos no colexio ó alumnado de 2º EP do CEIP Virxe da Barca que se incorporará no vindeiro curso ao noso centro

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ábrese o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos matriculados en Primaria e EE no curso 2016-2017. Prema aquí para obter máis información.

Distribuir contido