Skip to Content

Complementarias

FESTA DE FIN DE CURSO

O xoves 21 de xuño botaremos o peche ó curso. Preme aquí para ver o programa de actividades.

XINCANA MUSICAL

O venres 8 de xuño, todo o alumnado do centro participará na Xincana Musical. Preme aquí para ter máis información.

SAÍDA Ó DOLME DE DOMBATE

O xoves 7 de xuño, o alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria, visitará o dolme de Dombate.

VISITA Ó IES RAMÓN CAAMAÑO

O venres 1 de xuño, o alumnado de 6º EP visitará o IES Ramón Caamaño onde cursarán 1º ESO o vindeiro curso.

SAÍDA Ó DOLME DE DOMBATE

O xoves 31 de maio, o alumnado de 3º, 4º e 5º EP visitará o dolme de Dombate.

VISITA Ó PARLAMENTO E XUNTA DE GALICIA

O venres 25 de maio o alumnado de 5º e 6º EP visitou as instalacións do Parlamento e da Xunta de Galicia.

SAÍDA Á GRANXA ESCOLA "O VENTOSO"

O xoves 24 de maio, o alumnado de infantil visitou as instalacións da granxa escola "O Ventoso" en Laracha.

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA A ALLARIZ

Do luns 21 ata o mércores 23 de maio, o alumnado de 6º EP disfrutará da excursión de fin de etapa a Allariz: visita ó casco histórico, museos do xoguete e da moda, festival internacional de xardíns, hípica, granxa-escola "O Rexo"...

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o día do libro. Este curso o tema elixido foi "A música". No maratón de lectura, que contou coa participación de alumnado, profesorado e familias, léronse distintos títulos cuxa temática era a música.  

SAÍDA Ó TEATRO A CEE

O xoves 12 de abril os grupos de 5º e 6º de Primaria asistirán ó auditorio de Cee para ver a obra de teatro "Leonardo e os fontaneiros", adaptación da novela de Mª Victoria Moreno (autora a quen se lle adican este ano as Letras Galegas).

Distribuir contido


by Dr. Radut