Iniciar sesión: Acceso

Letras Galegas

Lendo a Florencio Delgado Gurriarán!

Os nenos e as nenas de 1º e 2º estiveron traballando na aula un poema de Florencio Delgado polo día das Letras Galegas.

Despois de convertelo nun poema visual e debuxar a natureza que Florencio nos describía, foron á radio gravalo!

Clicade na foto para escoitalos Canso

 

Recitamos a Manuel María

Para celebrar o día das Letras Galegas e homenaxear a Manuel María, decidimos decorar as nosas escaleiras con dúas das súas obras: "O soñador" e "Galicia". Por suposto aprendémolas para poder recitalas. Tamén decoramos entre todos un fermoso mural. 
Mirade que chulo quedou todo!
 
 

Maios e Letras Galegas

Por fin despois de ter que atrasar a celebración dos Maios e do Día das Letras Galegas por culpa do mal tempo, o pasado venres 20 de maio puidemos levar a cabo todas as actividades, que con tanto esforzo habiamos preparado.
Primeiro decoramos o noso Maio coas flores que trouxo o alumnado...  e ben vistoso que nos quedou!!! Despois homenaxeamos a Manuel María, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano. Recitamos e cantamos algún dos seus poemas.
E para rematar cantamos as nosas propias coplas dos Maios e bailamos ao redor del. A ver se conseguimos que o bo tempo se quede connosco por fin!!!
Aquí vos deixamos un vídeo de todo o traballo realizado. 
 

Chorouvía

O pasado 10 de maio recibimos no cole ao grupo de Pandereteiras "Chorouvía", da Asociación de Veciños de Cabral. Co gallo da próxima celebración das Letras Galegas e relacionado co noso Proxecto Anual, puidemos gozar da actuación deste marabilloso grupo de música tradicional galega, que nos amosou as cancións, os instrumentos e as costumes e tradicións da vida dos nosos avós.
Aquí vos deixamos un vídeo do ben que o pasamos!
 
 

O profe Manuel e Manuel María

O noso profe Manuel é unha caixa de sorpresas e nesta ocasión, ademais de facernos partícipes da súa amizade co escritor homenzaxeado nas Letras Gaelgas 2016, tamén compartíu con nós a adapatación que realizou do poema do seu tocallo titulado "A rebelión das ovellas". Mirade e escoitade pois neste vídeo pálpase a man e a alma do noso especialista en Educación Musical.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: