try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais

18-11-16 "Fene Indiano"

"Fene Indiano"

O proceso de desenvolvemento de Fene a principios do XX preséntase claramente relacionado co fenómeno da emigración, en canto que supón un gran pulo para o crecemento económico do concello.
A emigración a América converterase nun fenómeno que axuda a explicar a historia e o desenvolvemento de Fene así como o de moitas vilas de Galicia.
Deste xeito é moi difícil encontrar entre nós alguén que non teña un avó ou antepasado que non emigrase para mellorar a súa vida e a dos seus, pois este fenómeno influíu notablemente en dúas xeracións completas.
Neste sentido o proceso ,migratorio en toda a cornixa do norte de España, presenta certas diferenzas respecto ao mesmo proceso noutros lugares.
Nestes casos aparece a figura do indiano, ou emigrante a América retornado, que nos deixou o seu sinal de identidade aquí, na súa terra de orixe, con importantes doazóns e envíos de diñeiro, durante o seu período de estanza en América (fundamentalmente en Cuba, Arxentina, Uruguai, Puerto Rico, México) e con actos de filantropía que fixeron tanto dende aqueles países que os acolleron, como dende aquí os xa retornados.
Este aspecto identifica e diferencia estes emigrantes, de practicamente todos os demais fenómenos migratorios.
Son moitas as herdanzas que deixaron os indianos en Fene. Un aspecto fundamental desta emigración foi a cantidade de actos de beneficencia, solidariedade e doazóns que deixaron os indianos na súa terra de orixe, especialmente en educación, pero tamén en aspectos de mellora social como novas traídas de augas, lavadoiros, redes de saneamento ou cemiterios.
Aproveitando a montaxe da exposición conmemorativa do centenario das escolas de emigrantes, pretendemos converter os centros de ensino nun escenario no que localizar un ambiente propio de principios do século XX recreando unha sociedade claramente influenciada pola cultura, tradicións e modas traídas polos indianos.
Este evento do FENE INDIANO deberiamos dedicarllo a todos os emigrantes, sen esquecérsenos os que aínda están naqueles países americanos e non
puideron ou quixeron regresar como os "indianos" e dos indianos que aínda
residen entre nós.

 

É por iso que no seu centenario imos celebrar este día vestíndonos como se vestían antes os nosos bisavós/avoas ou avós e avoas para ir á escola. Ese días viremos vestidos así á escola. Teremos unha pequena representación por parte do concello e unha aula decorada como aqueles anos.

Podedes atopar información para vestirvos en:

http://indiano.ribadeo.org/galeria/

 

Outro día iremos á exposción que se fai destas escolas na casa da cultura co alumnado de 5º e 6º (data aínda por determinar)

Tamén vos pediremos:

Dende o 18 de novembro e até o 22 de decembro nos centros de ensino
farase un chamamento ao alumnado para que traia fotografías escolares
dos seus avós/avoas; pai/nai e do propio/a alumno/a na escola

Grazas por participar!!!

Máis fotos polas que podedes basearvos para vestimenta:

 

 

 

Guardar