try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

7-6-19 Voluntariado miúdo/ Feira Piteas Centro/ Exhibición extraescolares1819

O vindeiro venres 7 teremos un montón de actividades no centro: 1. A primeira hora da mañá recibiremos a visita da Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel Toimil, que virá a darlles aos nenos e nenas do noso cole un diploma polo traballo de voluntariado levado estes anos e que reflectimos nos nosos pasaportes solidarios.

2. De 11:30 a 12:30 celebraremos no cole unha feira de proxectos Piteas. Foron os proxectos cos que traballaron estes últimos meses os nenos e nenas. Proxectos de ciencias que teñen que presentar á sociedade como obxectivo final. Gustaríanos moito que os acompañaredes ese día, pois para eles é moi importante mostrar os seus traballos. O proxecto de 1º e 2º foi escollido para ir á Feira Piteas en Compostela (Gaiás) o vindeiro 14 de xuño (de 16 a 21)

3. De 12:30 a 13:30: Unha vez rematada a feira, os alumnos e alumnas de extraescolares farán unha demostración do que traballaron todo o curso: baile, patíns, teatro, etc..... Estaremos encantados de tervos polo cole para compartir con nós estos momentos!!!