Normalización Lingüística

As linguas suman

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización vén de elaborar un tríptico para que as familias con fillos en idade escolar comprendan cales son os prexuízos que se están usando dende certos sectores sobre a aprendizaxe da nosa lingua.


No documento contextualízase a situación actual segundo a cal, "o idioma que debería unirnos está sendo utilizado para separarnos nunha loita na que algunha xente busca a desaparición da nosa lingua do sistema educativo". O texto artéllase en torno a dúas consideracións: "O galego necesita aprenderse na escola" e "Saber galego axuda a aprender". Ademais, preséntanse algúns datos estatísticos sobre a competencia lingüística do alumnado noutros idiomas que veñen desmontar os prexuízos a respecto deste tema.

Clica sobre a imaxe para descargar o arquivo en formato PDF.

 

Integrantes ENDL curso 2009-10

Para o curso 2009-10 o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística contará cos seguintes compoñentes:

Coordinador  José Manuel Fernández Pardo 
E.I.  Mª Paz López Fernández
 1º ciclo  Mª Antonia López Fernández
 2º ciclo
 Mario Saavedra Pérez
 3º ciclo
 Constantino Fernández Leira

 

Distribuir contido