EXHIBICIÓN DE CETRERÍA

O VENRES DÍA 6 DENOVEMBRO TIVEMOS UNHA EXHIBICIÓN DE CETRERÍA ONDE NOS CONTARON TODOS OS SEGREDOS DAS AVES.

SE PREMEDES NA IMAXE LEVARAVOS A GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS.

FOTOGRAFÍAS DAS NOSAS ACTIVIDADES

XA ESTÁN DISPOÑIBLES NA GALERÍA DE IMAXES AS FOTOGRAFÍAS DA CELEBRACIÓN DO HALLOWEEN

 

 

TAMÉN ESTÁN AS FOTOGRAFÍAS DO OBRADOIRO DE ARTESANÍA QUE FIXEMOS NO COLEXIO

 

E POR ÚLTIMO OS XOGOS DO MAGOSTO QUE COA COLABORACIÓN DO EDLG E DENTRO DAS ACTIVIDADES DO PLAMBE 2015/2016 "XOGOS E DEPORTES" FIXEMOS O LUNS 9 DE NOVEMBRO. OS/AS ENCARGADOS/AS DE QUE DISFRUTÁRAMOS FORON OS ALUMNOS/AS DE SEXTO.

SE PREMEDES ENCIMA DAS IMAXES IREDES A GALERÍA DIRECTAMENTE.

 

Outono: materiais e recursos

 

Velaiquí algunhas das cabazas que fixeron os nosos alumnos ca inestimable axuda das súas familias.

Na galería de fotos podedes ver o resto.

 

 

E aquí unha foto que nos enviou unha exalumna, Laura Iglesias, da súa cabaza. 

 

Velaiquí tamén uns cantos recursos para traballar nestas datas.

 

Vídeo didáctico sobre o Samaín: o IES de Melide (A Coruña) realizou vídeo didáctico que nos conta a lenda do Samaín coa sempre atractiva música de Mamá Cabra.

 

O Magosto, unidade didáctica: o EDLG do CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares de Vigo realizou unha unidade didáctica sobre o Magosto. Aquí poderedes atopar información moi variada da festa (contos, vocabulario e frases feitas, adiviñas, cantigas, debuxos etc.), e actividades de comprensión e expresión que axudarán ao alumnado a asimilar contidos de xeito lúdico. 

Samaín 2012. A festa das cabazas. A festa dos calacús: unidade didáctica que, ademais de incluír unha breve introdución teórica sobre a lenda do Samaín, propón distintas actividades relacionadas coas cabazas moi axeitadas para o alumnado máis novo. Elaborada polo CEIP Galán de Arteixo (A Coruña).

 

Magosto 2012: o CEIP Galán de Arteixo (A Coruña) fixo esta unidade didáctica moi completa que mestura erudición (vocabulario específico relacionado coa castaña e o magosto) con exercicios de carácter lúdico (encrucillados, sopas de letras, crebacabezas etc.).

 

A castaña: Unidade didáctica sobre a festa do magosto realizada polo EDLG do IES Monte Carrasco de Cangas.

 

Conto para E.I e 1º de E.P.  "A castaña que rebentou de risa"

 

Samaín, a festa das cabazas: Material composto pola Asociación para a Renovación Pedagóxica e Cultural "Martín Sarmiento" para coñecer un pouco máis sobre as orixes desta tradición celta.

 

 

Unidade didáctica sobre a historia do Samaín

Videoclip de Paco Nogueiras "No Samaín"

 

 

 


 

Distribuir contido