Skip to Content

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017/18

Estimadas familias e alumnado:

O profesorado do CEIP Plurilingüe O Ramo temos todo preparado para o novo comezo deste apaixoante curso 2017/18 que xa comeza¡¡¡¡ Esperámosvos con ilusión¡¡¡¡¡

Xa vos estamos esperando con ilusión,......

De cara a este novo curso querémosvos proporcionar a seguinte información, que moitos de vos sabedes, pero que é importante ter en conta:

- Comedor e Transporte Escolar: comezarán a funcionar con normalidade dende o día 11 de setembro. Respecto ao comedor os usuarios que non fagan uso ese día do servizo deben lembrar avisar en Dirección ou Secretaría e indicalo na axenda da respectiva titora. Os menús mensuais poderédelos consultar no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporamo/taxonomy/term/178

- Servizo de Madrugadores: comezará a funcionar o día 12 de setembro con normalidade. Para anotarvos, poderedes facelo na Dirección ou Secretaría. Podedes consultar prezos e horarios no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporamo/taxonomy/term/181

- Actividades Extraescolares: Coma todos os anos teremos a nosa semana de portas abertas para todos os nenos e nenas que desexen probar o noso amplo abanico de actividades, será do 18 ao 25 de setembro. podedes consultar a oferta no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporamo/taxonomy/term/180

Para anotarvos as Actividades Extraescolares soamente tedes que cubrir o impreso que se facilitará en Dirección ou Secretaría.

- Ludoteca: temos un servizo de ludoteca, completamente gratuíto (para os socios da ANPA) e subvencionado polo centro, de 16 a 18 horas. Funcionará con normalidade dende o día 11 de setembro.

 

- Consellos para iniciar o cole:

                 - Lembrade que temos que ter en conta que o noso cole é agradable e divertido, un lugar onde mestras, pais e nais e nenos e nenas aprendemos moitísimo, e así o temos que transmitir na casa, xa que beneficia moito a predisposición no inicio.

                 - O primeiro día non é preciso traer ningún material, este será indicado por cada titora, é un inicio, toma de contacto e reencontro (na maioría dos casos) con compañeiros.

                 - Estimadas familias, o profesorado do CEIP Plurilingüe O Ramo estamos convosco e cos vosos fillos e fillas e cos nosos nenos e nenas na apaixoante viaxe da educación e a aprendizaxe. Estamos xuntos e xuntas e somos un equipo¡¡¡ CONTADE CON NÓS¡¡¡¡¡

COMEZAMOS ESTA APAIXOANTE VIAXE QUE SERÁ MELLOR QUE NUNCA¡¡¡ E SOBRE TODO.... CON TODOS VÓS¡¡¡ A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE O RAMO

 



page | by Dr. Radut