Meteomarbán

CHARLA SOBRE METEOROLOXÍA

Fai uns días veu ao noso centro Chema para falarnos sobre algunhas curiosidades da meteoroloxía, os distintos dispositivos e formas para obter información da mesma, así como sobre s efectos que ten a meteoroloxía sobre a agricultura. Máis abaixo podedes ver algunha fotografía da charla:

    

    

CLIMOGRAMAS

Levamos xa moitos anos analizanso o tempo e recollendo datos da  tempertatura e da pluviosidade na nosa caseta meteorolóxica, despois subimos eses datos á páxina de Meteogalicia, no apartado de meteoescolas. Este ano tamén fixemos os climogramas de cada mes. Son estes:

AS XEADAS

Este mes de xaneiro houbo unhas xeadas impresionantes, se ben é certo que nos deixaba unhas paisaxes presiosas, tamén nos fixeron pasar moito frío. No noso centro estamos co proxecto de METEOESCOLAS, e dende METEOGALICIA invitáraronos a investigar sobre elas: por que se daba este fenómeno, como influía na agricultura ou na estrada, etc e tamén que deixáramos constancia con algunha foto. Así que nos puxemos man ao traballo e estes son algúns dos resultados.

Picando AQUI podédelo ver.

O TEMPO

Estes días, na aula de 5º e 6º, estamos traballando o vocabulario do tempo. Picade na imaxe para ver unha mostra dos

traballos realizados. 

FACEMOS NEVE

Na aula de EI puxémonos mans á obra e conseguímolo: fixemos neve.

Queredes saber como? Picade na imaxe. 

XEO NO PATIO

Á volta das vacacións, os nenos e as nenas de Educación Infantil foron ao patio coma sempre, pero agardábaos unha sorpresa: había xeo!!! 

Isto xerou moitas dúbidas: por que estaba alí?, por que non había xeo no areeiro?, como chegou o xeo alí se non había ningún conxelador?,...

A partir de aquí comezaron as investigacións e están a traballar nelas, seguro que moi axiña temos máis noticias. 

ANALIZANDO CLIMOGRAMAS

Na aula de 5º e 6º estamos traballando as diferentes zonas climáticas e, para iso, coloreamos mapas segundo o clima que predomina en cada zona.

Ademais chegamos a conclusión de que para coñecer o clima dun lugar debemos fixarnos na temperatura e nas precipitacións. Para analizar estes dous elementos elaboramos e interpretamos climogramas.

Aquí vos deixamos imaxes para que vexades.

                                                          

REXISTRO DE DATOS METEOROLÓXICOS

Un curso máis, comezamos co rexistro de datos meteorolóxicos para o proxecto Meteomarbán. 

Para isto, este ano, creamos un pequeno recuncho na biblioteca, tal e como podedes ver na imaxe. 

Coma sempre, cada día, unha das nosas aulas vai á caseta meteorolóxica e rexistra diversos datos meteorolóxicos. Así, entre todos, estamos realizando un boletín meteorolóxico da nosa zona que, a final de curso, formará parte da biblioteca do centro. 

Ademais, estes datos axudánnos a realizar gráficas semanais (en Educación Infantil) e mensuais e trimestrais (en Educación Primaria). Logo de analizar os datos e chegar a pequenas conclusións, compartímolas co resto das aulas do centro, de maneira virtual. 

Distribuir contido