PVAD

SUSPÉNDESE O TORNEO DE DATCHBALL EN MOECHE

Acaban de informarnos que queda suspendido debido ás condicións climatolóxicas previstas para este día.

 

O Concello de Moeche ten un grupo de participación infantil  no que traballan a favor dos dereitos da infancia e adolescencia e tamén organizan actividades. De feito teñen programado para o sábado 04/05/24 un Torneo de Datchball. Se premedes en ler máis, podedes ver o cartel do torneo e as bases para participar.

Xogamos ao Quidditch

A partir do Día do Libro, o alumnado de 5º e 6º levou a cabo varias sesións sobre o Quidditch, que é o deporte ficticio creado pola autora británica J.K. Rowling na serie de libros Harry Potter. Nós fixemos unha adaptación do xogo sen vasoira, non vaia ser que o alumnado saira voando.

 

  

Visita a O Coto Navideño

O luns 18 de decembro fixemos unha camiñada ata O Coto para ver a decoración de nadal instalada polos veciños deste lugar. Os nenos e nenas do noso colexio quedaron encantados coa visita e ademais levaron un regalo. Moitas grazas aos veciños de O Coto por estimular o espíritu navideño na nosa comunidade educativa. 

Fixérono tan ben que ata aparece nesta noticia. Parabéns polo voso traballo e esforzo!

Nesta camiñada tamén aproveitamos para vsitar a fervenza de O Coto, unha marabilla da natureza. 

A continuación podedes ver varias fotografías da camiñada.

   

  

  

Actividades acuáticas

Nestas semanas comezamos ca primeira sesión na piscina da que dispoñemos no complexo multiusos do concello de As Somozas ao carón do noso centro escolar. Nesta sesión o alumnado disfrutou dun divertido tempo de lecer. A continuación podedes ver algunha imaxe.

 

Festa de fin de curso

O último día mostramos no pavillón polideportivo de As Somozas o traballo feito polo alumnado ao longo do curso relacionado coa modalidade Móvete+ pertencente ao proxecto de Vida Activa e Deportiva do centro. Esta modalidade consiste en fomentar a actividade física a través de actividades con música e movemento. Velaquí tedes as coreografías feitas polo noso alumando. Para velas, pinchade nas imaxes:

  

  

 

 

Actividades no medio acuático

Durante o curso fixemos varias sesións na piscina do Pavillón Municipal de As Somozas co obxectivo da que todo o alumnado do centro tivera a posibilidade de facer actividade física nun medio acuático.

Aquí tedes algunhas imaxes da actividade:

 

Camiñada por As Somozas

O día 8 de xuño fixemos unha camiñada polo entorno natural de As Somozas para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que tivo lugar nesta mesma semana. O alumnado desfrutoi dun paseo agradable nun entorno natural marabilloso cunha gran variedade de vexetación. Velaquí algunhas fotos da camiñada:

 

 

Milla Diaria e Móvete+

Dentro dos proxectos de vida activa e deportiva da Consellería de educación da Xunta de Galicia, o noso centro solicitou o Plan da Milla Diaria, un plan que busca axudar aos centros docentes a elaborar o seu proxecto deportivo de centro/vida activa e saudable abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.

O plan céntrase en realizar una milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo. Na milla diaria tamén incluimos a modalidade Móvete+, xa que os nenos e nenas cada 420m aproximadamente teñen un código QR que teñen que escanear para poder visualizar uns vídeos con diferentes pasos básicos de aeróbic. A través destas actividades pretendemos fomentar a actividade física a través de actividades con música e movemento, traballando tamén de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).

Aquí deixo algunhas imaxes nas que se pode ver a actividade:

 

Torneo de Datchball

Nas últimas semanas levouse a cabo un torneo de Datchball no que participaron os alumanos e alumnas dos cursos de 3º a 6º de Primaria. O datchball é un deporte integrador, colectivo e coeducativo que ten similitudes co Brilé pero é máis dinámico. Durante os partidos e sobre todo na entrega do trofeo pasámolo moi ben, e celebrámolo como ten que ser.

Aquí tedes algunhas fotos e vídeos:

 

ENQUISA SOBRE OS HÁBITOS DEPORTIVOS DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA

Premede aquí para poder facer unha enquisa anónima sobre hábitos deportivos. Soamente leva 5 minutos e será un reflexo do tipo de actividades físicas que fan os membros da nosa comunidade educativa. 

Moitas grazas pola vosa participación!

Distribuir contido