Proxecto didáctico Antonio Fraguas

O patrimonio das nosas fragas

Estivemos a traballar no patrimonio natural e material que abunda na nosa contorna inmediata. Como mostra desta actividade presentámosvos un poster que fixemos no que recollemos algúns dos exemplos do gran patrimonio co que contamos no concello.

Toponimia do Concello de As Somozas

Presentamos aquí o poster que recolle o estudo da topominia que fixemos no marco do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. 

Visita ao Museo Etnográfico das Somozas

O venres da semana pasada visitamos o Museo Etnográfico das Somozas. Esta actividade, enmarcada dentro do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, tiña como obxectivo principal a entrada en contacto co patrimonio local. Deixámosvos algunhas fotografías da visita como mostra da actividade.

 

BOTAMOS A ANDAR O PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS!

Este curso académico fomos seleccionados para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas, o cal se basea, en liñas xerais, na pescuda do patrimonio etnográfico, lingüístico, histórico, artístico etc. da contorna. A primeira actividade que realizamos, da cal dan conta as fotos deste post, foi a de achegarnos ao concepto de patrimonio, así como aos diferentes tipos.

 

Botamos a andar o Proxecto didáctico Antonio Fraguas!

Este curso académico fomos seleccionados para o Proxecto didáctico Antonio Fraguas, o cal se basea, en liñas xerais, na pescuda do patrimonio etnográfico, lingüístico, histórico, artístico etc. da contorna. A primeira actividade que realizamos, da cal dan conta as fotos deste post, foi a de achegarnos ao concepto de patrimonio, así como aos diferentes tipos. 

Distribuir contido