Ed. física

DÍAS SOBRE RODAS

Bo día familias ! Estamos a piques de rematar o curso, e como sabedes, estamos gozando cos "días sobre rodas". A diario, os diferentes grupos, baixamos do cole e damos unha volta coas nosas bicis, patinetes e patines pola plaza e polos arredores. Facemos actividade física e pasámolo pipa todos xuntos!

Picando aquí tedes un video do alumnado do CEIP O Marbán para que o vexades. 

Saúdos! 

INICIACIÓN DEPORTIVA

Boas! O alumnado de segundo e terceiro ciclo de educación primaria seguen coa iniciación deportiva, actualmente nos atopamos facendo diferentes tarefas de atletismo (saltos, carreira, lanzamentos) e ao longo do trimestre tamén practicamos floorball e baloncesto. Os nenos e nenas deste cole son uns verdadeiros deportistas!! Isto permítenos promover e favorecer o deporte e todo tipo de actividades físicas no noso cole, tal e como se plantexa no noso proxecto deportivo de centro. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgunha tarefa do noso alumnado, preme aquí para velo.

Saúdos!

ACROSPORT

Boas tardes a todos! Este trimestre dende educación física, estivemos a facer ACROSPORT! Unha modalidade deportiva que consiste en facer composicións grupais, utilizando o noso corpo para elo, e tamén diferentes habilidades ximnásticas. O alumnado de 3º-4º e 5º-6º, tiveron unha participación e implicación excelente,  e iso amósase no resultado! Deixo a continuación a demostración de cada un dos grupos para que poidades comprobalo vós mesmos:

3º - 4º:

- Grupo Javi, Sara, Asier, Nerea y Alonso: vídeo.

- Grupo Freydimar, Yeray, Alicia, Sheila y Unai: vídeo.

- Grupo Andrea, Thiago, Dani, Irene y Adrián: vídeo.

5º - 6º:

- Grupo Xabi, Andrea, Mateo y Arón: vídeo.

- Grupo Mirian, Dany, Gabriel y Nerea: vídeo.

- Grupo Emilio, Estela, Brais, Iago y Bruno: vídeo.

Esperamos que vos gusten ! Saúdos a todos.

MULLERES DEPORTISTAS

Ola a todos! Imos rematando o mes de marzo pero no CEIP O Marbán seguimos a rememorar o papel das mulleres en Educación física, concretamente de mulleres deportistas, dentro do noso Proxecto deportivo de centro. Aquí tedes unhas imaxes do alumnado de 1º e 2º facendo algúns dos xogos, nos que ademáis de coñecer variedade de deportes, e as protagonistas dos mesmos; traballan o equilibrio, a coordinación, a velocidade de reacción, e múltiples habilidades motrices básicas. 

Que teñades boa semana! 


MULLERES DEPORTISTAS - 8M

Bo día a todas e todos!

Con motivo do Día da muller, en Educación Física, estivemos a facer múltiples actividades rememorando a moitas mulleres deportistas que fixeron e fan historia no mundo do deporte. Ademáis de xogos motores con E.Infantil e 1º e 2º,  os cursos de 3º-4º e 5-6º fixeron un traballo de investigación sobre diferentes mulleres deportistas. O obxectivo principal, ademáis de coñecélas e aprender un pouco sobre as súas traxectorias profesionais, foi facer unha pequena homenaxe e dar a estas e todas mulleres, o recoñecemento que precisan! Aquí tedes o mural de "MULLERES DEPORTISTAS" que temos na entrada do noso cole cos traballos do alumnado.

PSICOMOTRICIDADE CON GLOBOS

Ola a todos ! Os máis pequenos do cole esta semana xogaron con globos na clase de Educación Física. Un material que lles encanta e que ademáis permite traballar multitude de contidos como o control e a conciencia corporal a través de manipulacións e lanzamentos.

Picade aquí para ver o vídeo dalgunhas das actividades que fixemos. 

XOGAMOS A ATINAR !

Bo día familias! En Educación Física o alumnado de 1º e 2º estivemos a facer diferentes xogos de puntería. Con eles traballamos a percepción espazo-temporal. Ademáis fomentamos o desenvolvemento e control da motricidade fina e a coordinación viso motora a través do manexo de obxectos; neste caso, con pelotas e aros de diferentes tamaños. 

Deixámosvos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos ! 

Picade nas seguintes imaxes:  imaxe 1 imaxe 2 imaxe 3. 

 

 

 

RUGBY CO CLUBE FENDETESTAS

Bo día familias! A semana pasada tivemos a sorte de recibir no noso cole aos monitores do Clube Fendetestas, un clube de Rugby de As Pontes. Tódolos cursos participaron e disfrutaron moito as sesións. Aprenderon a manipular o balón deste deporte, a facer diferentes tipos de pases e recepcións e como non, a facer placaxes!! Déixovos unha mostra da participación do alumnado, esperamos que vos guste!

- Preme aquí para ver a 1º e 2º curso.

- Preme aquí e aquí para ver a 3º e 4º curso.

- Preme aquí para ver a 5º e 6º curso.

PEQUENOS DEPORTISTAS

Como vedes na foto, os máis pequenos do cole comezaron o curso con moitas ganas! Durante os primeiros días en Educación Física fixemos diferentes actividades, tanto no exterior do patio con material deportivo diverso, como no noso ximnasio, coas colchonetas que tanto lles gustan!

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Bo día familias! En Educación Física comenzamos o curso con xogos populares e tradicionais de Galicia. Os rapaces e rapazas disfrutaron moito facendo este tipo de actividade física, coñeceron algúns xogos que descoñecían, e ademáis, tivemos a oportunidade de realizalos a maioría dos dias no patio exterior do noso colexio. Déixovos un pequeno video onde o alumnado de 5º e 6º curso aparece xogando ao xogo de STOP, ao brilé e ao tiro de corda.

Picade aquí para velo! 

Distribuir contido