COVID O Marbán

NORMAS COVID

Xa non queda nada para a volta ao cole. Desfrutade do día de mañá porque o xoves aquí vos esperamos.

Hai varias novidades: caras novas, pintura nova,... ¡Xa veredes!

Aquí vos deixamos as normas COVID deste curso. A día de hoxe xa estamos acostumados a esta "nova situación", así que comprobaredes que, máis ou menos, son coma as do ano pasado.

Picade nos seguintes enlaces para ir mirando e, ao longo da semana que vén, iremos colgando máis novas para este vindeiro curso.

Xa sabedes que para calquera dúbida, estamos aquí!

Entre todos, conseguiremos que TODO SAIA BEN.

PROTOCOLO COVID

ENQUISA AUTOAVALIACIÓN

NORMAS BÁSICAS

RESUMO PROTOCOLO

MASCARILLAS

Estimadas familias.

 

Tal e como establece a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

 

Establécese un plazo para realizar a solicitude de máscaras para os nenos de Educación primaria.

Aqueles que fostes beneficiarios do Fondo para Material escolar, tédelas concedidas sin realizar trámites. O resto tería que facer unha solicitude.

 

Dende o CEIP O Marbán entendemos que as mascarillas son unha ferramenta obrigatoria e imprescindible, polo que consideramos que o alumnado de infantil e as familias con rendas medias tamén teñen dereito a percibir ditas axudas.

 

Levar a mascarilla é un acto de responsabilidade que nos convén a todos, por isto, imos proporcionarlles as mascarillas a tódolos alumnos sin necesidade de facer solicitude.

Estou buscando os modelos que nos recomenda a Consellerías, en canto os atope e miremos as tallas, farei un pedido para cubrir as necesidades de todo o alumnado para todo o que queda de curso.

Atentamente.

O Director.

Horarios grupos en caso de confinamento dun aula ou de todo o colexio.

Bo día.

Aquí vos deixo os horarios dos grupos en caso de que se teña que confinar un aula ou o colexio por completo.

Tamén axunto a modificación do Plan de Continxencia do CEIP O Marbán coas últimas modificacións.

NOVAS COVID CEIP O MARBÁN

Estimadas familias:

 

Unha vez máis chegan normas dende Consellería que implican cambios de organización no colexio.

Ante o caso de que no colexio se tiveran que tomar medidas de confinamentos de grupos ou do colexio completo, estamos na obriga de establecer un horario de obrigado cumprimento para eses posibles casos, a través de videoconferencias e Aula Virtual.

O horario ten que respectar un mínimo de clases por videoconferencia dende o curso de 3º de Educación Primaria en diante. Nós manteríamos a norma con 2º de Educación primaria. 1º e Ed. Infantil tamén realizarían este tipo de ensino pero con videoconferencias puntuais e con previo aviso.

No caso do noso centro imos respectar os horarios de ensino presencial pero dividindo cada sesión en 30 minutos de videoconferencia e 20 de traballo do alumno no libro ou no Aula Virtual.

Pasaríase lista en cada sesión e contabilizaríanse as faltas do alumnado igual que no ensino presencial.

Entendo que levar a cabo estas medidas é moi complicado por diferentes factores como pode ser a conexión, o descoñecemento no manexo destes medios, contar ou non co material... pero son medidas obrigatorias que todos temos que cumprir.

Levar os libros cada día é outra das medidas, neste caso en previsión de que se teña que decretar un confinamento parcial ou total, así os alumnos contarán co material necesario na casa.

Para realizar as videoconferencias enviaríasevos a través de Abalar móbil e correo electrónico un enlace, simplemente teredes que copialo na barra do voso portal de internet e xa teredes acceso á videoconferencia, o enlace sempre sería o mesmo para cada materia e cada vez que teñan esa materia teredes que ir a ese enlace.

Pa comezar coas probas, farei simulacros esta semana dos que xa vos notificarei as horas e días para cada grupo.

Recordade que este horario as videoconferencias só se realizarían en caso de confinamento dunha clase completa ou de todo o colexio.

Deixo os horarios das posibles conexións colgados na Web do colexio.

Documentacíón COVID

Documentacíon COVID actualizada con data do 19 de Outubro de 2020.

PROTOCOLO E NORMAS

Bo día familias, agardamos que todos vos atopedes ben.

Nós estamos organizando todo para a volta, sen dúbida, a máis complicada para todos.

Aquí vos deixamos algunhas das novas medidas e normas que TODOS deberemos poñer en práctica este curso que vai comezar. Estamos seguros que, entre todos, conseguiremos que TODO SAIA BEN.

Picade nos seguintes enlaces para ir mirando e, ao longo da semana que vén, iremos colgando máis novas para este vindeiro curso.

Xa sabedes que para calquera dúbida, estamos aquí!

- Protocolo COVID

- Resumo do protocolo COVID

- Normas básicas

Distribuir contido