Departamento de Orientación

INFORMACIÓN PARA O CAMBIO DE ETAPA

Ola familias!

Coma xa estamos a piques de rematar o curso, déixovos uns folletos informativos elaborados polo pedagogo Jesús Jarqué, sobre o inicio da escolariedade na etapa de Educación Infantil (para os que empecen novos) e sobre os cambios de etapa: o paso de infantil a primaria e o paso de primaria a secundaria.

Espero que vos sirvan de orientación. Non obstante, hai aspectos particulares do voso centro que é moi probable que non aparezan. Esas cuestións debedelas consultar no centro.

Con respecto ao alumnado de 6ºEP que se incorpora a 1ºESO no IES Moncho Valcarce, centro adscrito ao CEIP O Marbán, no apartado de 6º desta páxina web tedes un enlace coa información mais relevante de cara o curso que ven. Botádelle unha ollada!!!

Un saúdo. 

INICIO DE EDUCACIÓN INFANTIL

PASO DE EDUCACIÓN INFANTIL A EDUCACIÓN PRIMARIA

PASO DE EDUCACIÓN PRIMARIA A EDUCACIÓN SECUNDARIA 

CIBERSEGURIDADE

Ola familias!

Xa que esta temporada os nosos fillos e fillas están moito tempo usando o ordenador, as tablets, os móbiles,... paréceme importante que teñades en conta unhas medidas de seguridade.


Déixovos varias presentacións de sensibilidades que elaborou o INCIBE (Instituto Nacional de Cibersegurirdade) sobre esta temática coas que se pretende axudarnos a facer un uso responsable e seguro de internet.

Mirade ditas presentacións en familia e falade con eles, como deben usalas e que medidas de seguridade deben respectar. 

 

                          

 

APRENDENDO A ESTUDIAR

Olaaaa!!!!
Dado que nestes meses estamos a repasar e facer moitas actividades, pero non estamos a estudiar porque non hai exames, vouvos presentar unhas técnicas de estudio básicas que vos poden resultar de axuda cando voltemos á normalidade.

COMO MANEXAR OS ENFADOS

Cando as persoas pasan moito tempo xuntas na casa sen poder saír á rúa, é normal que xurdan enfados e rabechas pois, ás veces, non se queren facer as tarefas, hai que compartir espazos e tempos de traballo, esquécensenos as normas... Nestes días, seguriño que algún de vós tivo algunha! 

Aínda que agora xa temos permitido saír a rúa un tempiño aínda non podemos facer o que queremos. Por iso, tantos os adultos coma os nenos/as temos que comprender que é totalmente normal ter algún que outro enfado. A labor dos pais é fundamental neste episodios procurando en todo momento disciplina positiva. 

Deixóvos un conto para os máis pequenos con actividades para manexar os enfados. Picade aquí

Tamén, un enlace por si vos animades a facer ioga en familia

Supoño que vosoutros coma pais sabedes perfectamente como tedes que facer, non me cabe dúbida, pero se vos apetece mirade estes 7 consellos para poder afrontar situacións difíciles.  

XESTIÓN DO TEMPO

Hoxe vouvos adxuntar un material realizado polo Equipo de Conduta de Granada.

Son catro caderniños, agrupados por cursos, que inclúen unha serie de actividades para realizar en familia que vos axudarán a xestionar o voso tempo de maneria produtiva. Se vos apetece botadelle unha ollada.

Espero que vos guste.

Un saudiño.

ConZENtrate Educación Infantil

ConZENtrate 1º e 2º Educación Primaria

ConZENtrate 3º e 4º Educación Primaria

ConZENtrate 5º e 6º Educación Primaria

DIARIO DE UN EMOCIONANTE SUPERVIVENTE

Déixovos o seguinte material que compartiu @t_ilusiona na web de Orientación Andújar.

Este documento permite que interactuedes aprendendo teoría, buscando recursos, debuxando, fotografando e moitas cousas mais de xeito lúdico, co único obxectivo de traballar as vosas emocións nestes tempos.

Non é necesario que o imprimades. Podédelo facer de xeito visual e oral falando coas vosas familias que tamén é importante para expresar os nosos sentimentos.

Tan só vos pido un traballo, tanto aos de Infantil coma aos de Primaria: nun folio en branco co título de “A cápsula do tempo” tedes que escribir ou debuxar como pensades que vai ser o curso que ven. Unha vez feita a actividade tédela que mandar ao meu correo: slconde@edu.xunta.es ou as vosos mestres para que a garden ata setembro. Preferiblemente mandádea antes de rematar o curso que as gardaremos nunha caixa.

Iniciado o curso falaremos do tema e leremos todo o que puxestedes…

Picade en DIARIO DE UN EMOCIONANTE SUPERVIVENTE 

Saúdos, 

Sonia. 

INFORMACIÓN DO E.O.E.

Bo comezo de semana familias e nenos/as!


Nesta ocasión o Equipo de Orientación Específico da Coruña, co obxectivo de colaborar co Departamento de Orientación do noso cole nesta situación tan rara para todos nós, adxúntanos dous documentos con reflexións, actuacións posibles e enlaces de interese para o acompañamento no coidado do benestar emocional na comunidade educativa neste trimestre tan incerto.

Esperamos que sexan do voso interese e axuda. Picade nos enlaces de abaixo, 

ACOMPAÑAMENTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA

COIDADO DO BENESTAR EMOCIONAL

CONSELLOS PARA SAÍR Á RÚA

Dende o Departamento de Orientación do centro deixámosvos uns consellos para saír á rúa cos nenos e coas nenas. Picade aquí

 

Ademais todos os mestres, así como Fran e Marisa vos queremos recordar que vos botavos moito de menos e que o estades a facer moi ben. SODES OS MELLORES! Picade na imaxe

CONSELLOS

Se picades aquí poderedes atopar uns consellos que nos virán ben a todos nestes días de confinamento. 

MOITO ÁNIMO! 

Distribuir contido