3º Curso

ÚLTIMO REPASO DE CIENCIAS

 

CIENCIAS NATURAIS: AS PLANTAS

 

Imos facer un último repaso do tema das plantas. Para comezar aquí tedes algún vídeos para revisar os contidos máis importantes, senón podedes velos podedes repasar polo libro.

 

 

 

 

Nesta páxina podedes facer as actividades na páxina web, dádeslle a terminado e a enviades dende alía o meu correo: ireneluengo@edu.xunta.es . Senón as podedes facer no ordenador podedes facer algunha na libreta.

 

 As plantas

 Partes da planta I

 Partes de planta II

 Nutrición das plantas

 

  Finalmente se queredes seguir repasando máis aínda, aquí tedes máis páxinas web con explicacións e actividades:

 A nutrición das plantas

 A fotosíntese

 A alimentación das plantas

 Reprodución das plantas

 Reprodución sexual das plantas

 Reprodución asexual das plantas

 Clasificación das plantas: con e sen flores

 Plantas con flores

 Plantas sen flores

 

  

  

CIENCIAS SOCIAIS: A AUGA

 

Imos repasar a importancia que ten a auga para o noso planeta.

 

 Credes que poderiamos vivir sen auga no noso planeta? Que importancia ten a auga? Respondede á pregunta e mandádeme os vosos razoamentos.

 

Aquí tedes algunhas actividades para realizar na web:

 A contaminación da auga

 A auga da natureza e o seu uso

  

Calquera dúbida ou pregunta no meu correo: ireneluengo@edu.xunta.es

Que teñades unha boa última semana,

 

Irene

 

 

CIENCIAS

Bo día a todos e todas :)

 

CIENCIAS NATURAIS

Esta semana imos repasar os animais invertebrados.

Déixovos uns vídeos para repasar contidos, senón podedes velos, repasade polo libro.

Para comprobar que recordamos moi ben todo, ides cubrir esta ficha coas características máis relevantes e algún exemplo de cada grupo de animais.

 

CIENCIAS SOCIAIS

Déixovos estas actividades de repaso.

 

Mandade todo a ireneluengo@edu.xunta.es

Apertas,

Irene

SEMANA DO 8 DE XUÑO

Bo día!!!

Esta semana imos continuar coas actividades de repaso e reforzo de lengua castellana e matemáticas facendo unha ficha diaria de cada área.

Ademais imos facer un sinxelo traballo de galego cuxas indicacións envíovos por correo electrónico.

Ánimo que xa estamos a piques de rematar.

Bicos

Mª Jesús

CIENCIAS

Boas tardes a todos e todas!

 

CIENCIAS NATURAIS

Esta semana imos repasar os animais vertebrados.

Déixovos uns vídeos para repasar contidos, senón podedes velos, repasade polo libro.

 

 

Para comprobar que recordamos moi ben todo, ides cubrir esta ficha coas características máis relevantes e dous exemplos de cada grupo de animais.

 

CIENCIAS SOCIAIS

O que tedes que facer de tarefa é un esquema do ciclo de auga con pequenas explicación do que sucede en cada paso.

 

Enviádeme todo a ireneluengo@edu.xunta.es

Apertas,

Irene

SEMANA DO 1 DE XUÑO

Bo día!!!

Esta semana imos seguir coas fichas de repaso e reforzo tanto en lengua castellana, coma en matemáticas.

Ademais enviareivos por correo electrónico instrucións para unha actividade de lingua galega.

Recordade tamén que tedes esta semana para enviarme a receita os que aínda non a fixestes.

Estamos xa na recta final. ¡Ánimo!

Bicos

Mª Jesús

SEMANA DO 25 DE MAIO

Esta semana imos continuar coas fichas de repaso e reforzo que empezamos a semana pasada, tanto de lengua castellana coma de matemáticas.

Recordade que faremos unha de cada área ao día.

Ademais diseñaremos un correo electrónico no que pidamos información; enviareivos instruccións por correo electrónico.

Os que aínda non me enviastes a receita, recordade facelo esta semana. Animádevos!!!!

 

Moito ánimo que xa queda pouco para rematar.

Coidádevos moito

Bicos

 

Mª Jesús

CIENCIAS

 

Ola a todos e a todas!

 

Esta semana en CIENCIAS SOCIAIS ímonos introducir na páxina da NASA, alí teredes infinitas incógnitas, explicacións e datos curiosos para aprender... Atopades algún dato interesante para contarme?

 

Por exemplo... Sabedes a idade do Sol? Non?

 

 

O Sol ten 4,500,000,000 anos. Son moitos, verdade? Como se pronuncia este número tan grande? Serían: catro mil cincocentos millóns de anos. Como puideron descubrilo? Aquí tedes respostas sobre iso.

 

Que máis datos curiosos podedes atopar e contarme? Déixovos a páxina da NASA para que investiguedes. Podedes escribir todo o que vos resulte interesante na libreta e mandádemo. Se tedes problemas para navegar pola páxina podedes consultar libros ou enciclopedias que teñades por casa :)

 

______________________________________________________________________________________________________

Por outro lado, en CIENCIAS NATURAIS imos repasar un pouquiño o tema da alimentación.

Como de saudable estades comendo na casa? Espero que moito, moito! Podédesme deseñar un MENÚ SAUDABLE para min? Recordade incluír TODOS OS NUTRIENTES. Déixovos un vídeo para recordar os conceptos sobre alimentación saudable.

 

Que máis teño que facer para ter boa saúde? Moi ben, facer exercicio! Que actividade física me recomendades facer e canto tempo máis ou menos?

 

 

 

Déixovos este modelo de menú por se queredes traballar sobre el, senón, podedes facer o voso propio na libreta. Enviádeme as vosas propostas a ireneluengo@edu.xunta.es!

Que teñades boa semana Risa

Irene

 

CIENCIAS

Boas tardes rapaces e rapazas!

Envíovos estas preguntas a modo de repaso: 

Ciencias Naturais: REPASO: AS FUNCIÓNS VITAIS

Ciencias Sociais: REPASO: A TERRA

Se sodes capaces enviádeme confirmación de que as realizastes.

Aquí vos deixo o meu correo: ireneluengo@edu.xunta.es

Apertas,

Irene

SEMANA DO 18 DE MAIO

Esta semana continuamos cos caderniños de repaso que empezamos a semana pasada.

Procurade facer unha ficha de cada materia ao día.

Ídeme mandando as receitas para ir organizándoas.

Bicos

Mª Jesús

UNHA RECEITA

Hoxe imos escribir algo. Para empezar, explicaremos como se fai unha receita.

Estade atentos ao correo porque vos vou enviar as instrucións.

 

Bicos

 

Mª Jesús

Distribuir contido