Audición e linguaxe

EMPREGAMOS OS POMPÓNS DE CORES PARA REALIZAR ACTIVIDADES NAS SESIÓNS DE AUDICIÓN E LINGUAXE!

Contamos historias cos story cubes e imos colocando un pompón por cada palabra que empreguemos. 

                                                                     

 

Aprendemos a discriminar palabras con sons semellantes. Debemos colocar un pompón por cada palabra escoitada segundo conteñan o son b ou o son d.

 

                                                

 

 

 

 

PALABRAS CON R

                                                             Imos fixarnos como soan estas palabras con R! cantas sílabas ten cada unha? colocámolas onde corresponda.

 

 

                                                                     

LER E ESCRIBIR PODE SER DIVERTIDO!

 

 

- Deletreamos palabras e escribimos letra a letra cada palabra empregando as "pinzaletras".

 

 

 

 

- Buscamos a primeira letra de cada palabra e facemos parellas (cada imaxe coa súa primeira letra).

 

 

 

 

- Que palabras comezan co son B? mete na cesta todas as que atopes.

 

 

 

XOGAMOS COS SONS E COAS PALABRAS

Na aula de Audición e Linguaxe poñemos atención nas letras e empregamos unha cor para cada unha delas. Cantas hai iguais? como é o son de cada letra?

 

Tamén xogamos a atopar parellas, cada imaxe co seu son correspondente. SO de SOPA, ES de ESPADA! MOI BEN!

 

Outra actividade que nos encantou: como soan estas palabras? GATO leva o son G, B ou P? cada unha coa súa letra correspondente! adiviñámolas todas!

Nenas e nenos de Educación Infantil, chegou o verán!

Disfrutade moito, moito do verán! 

 

e para ir practicando, aquí tedes unhas cancións para empezar as vacacións con alegría!

 

MOITOS BICOS! vémonos á volta!! Sorriso

Remata o curso!

Boas a todas e todos! aquí tedes as últimas actividades deste curso. 

 

Pasade bo verán e recordade ler moito!

 

A DISFRUTAR!

COMO ESTADES, NENOS E NENAS DE INFANTIL?

Para esta semana traio dúas actividades moi entretidas e un conto moi chulo! espero que vos guste! pinchade aquí

BICOS

NOVA SEMANA, NOVAS ACTIVIDADES!

Como estades? xa estamos en xuño, espero que disfrutedes moito destes longos días de luz. Aquí tedes máis

actividades interactivas para que pasedes un bo rato aprendendo!

bicos!

NENAS E NENOS DE INFANTIL, XA ESTAMOS NO MES DE XUÑO!

Bo día! 

para esta semana déixovos máis vídeos de "adiviña a palabra", espero que acertedes!! tamén podedes ver un vídeo do Mono Sílabo recordándonos como soa a F da gata Fufi, acordádesvos dela?

disfrutade moito! Guiño

COMEZA XUÑO!

Ola a todas e todos! esta semana tedes máis actividades para repasar e xogar. Recordade que son voluntarias. Espero que vos gusten! Sorriso

Distribuir contido