Actividades

Día do libro

No Día do Libro, celebrado o 23 de abril, organizamos unha actividade especial no noso colexio. O alumnado dos últimos cursos tivo a oportunidade de apadriñar aos máis pequenos e compartir con eles a maxia dos contos. Co sol brillando no ceo e o aire primaveral envolvéndonos, decidimos levar esta actividade ao parque infantil do colexio para gozar dunha experiencia ao aire libre.

Cada estudante maior asumiu o papel de mentor, acompañando e lendo contos aos nosos pequenos lectores. Os máis pequenos escoitaban con atención, fascinados polas historias que lles eran contadas polos seus compañeiros e compañeiras maiores.

A través desta actividade, non só celebramos o Día do Libro, senón tamén promovemos a importancia da lectura e o compañeirismo entre os diferentes cursos do noso colexio.

Se premedes en ler máis poderedes ver unha colaxes da actividade.

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

A punto estamos de coller as vacacións e toca descansar e disfrutar do verán. Por iso vos deixamos unhas lecturas recomendadas par disfrutar con lecturas moi divertidas entre chapuzón e chapuzón. Picade nesta imaxe e veredes.

RESULTADO ENQUISAS BIBLIOTECA

Rematando xa as actividades do curso escolar, toca facer unha valoración, por iso os nenos e nenas de 6º, pasaron unha enquisa sobre algunhas actividades relacionadas coa biblioteca e coas distintas celebracións ao longo do ano. No enlace con estas caras tedes as gráficas do resultado.

Cara triste y sonriente entre los felices. El fondo: triste rostro  sonriente entre los felices. | CanStock

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Todo o alunado estivo traballando un pouquiño sobre o Camiño de Santiago: as súas orixes, Camiños máis importantes, poblacións que atravesa, vocabulario relacionado,....

Este é unha pequena mostra.

PODCAST

Aquí vos ensinamos o 1º PODCAST que o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria gravou para o resto das aulas.

Poñédevos cómodos, picade na imaxe e disfrutade de "EL PATITO FEO".

EXPRESARSE CON ARTE

Unha das actividades da semana do libro que máis nos gustou, foi expresar con arte o título ou unha frase importante noso libro favorito. Este foi o resultado.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como todos os anos recibimos con espectación o día das Letras Galegas, coñecer un autor galego e a súa obra é sempre unha tarefa que nos gusta. Este ano coñecemos a Florencio Delgado e disfrutamos coa súa poesía. Traballamos sobre el na clase, e a compañía de teatro TRÉMOLA TEATRO, acercounos máis a figura do autor dun xeito lúdico. Pasámolo en grande!!

APADRIÑAMENTO

Unha das actividades preferidas dos nenos e nenas, para celebrar a Semana do Libro, é o APADRIÑAMENTO, que consiste en que cada un dos maiores le para un dos máis pequenos.  Este ano, puidemos retomar esta fermosa acdtividade e hoxe disfrutámola fóra debido ao bo tempo.

SEMANA DA PRENSA

Ola a todos! Este mes tamén estivemos a conmemorar nas nosas aulas a semana da prensa na escola. Para iso, os diferentes cursos traballaron con xornais analizando diferentes tipos de noticias actuais, como podedes observar picando aquí ao alumnado de Educación infantil. Ademáis, aproveitamos a facer fincapé nas noticias sobre deportes, traballando deste xeito a desigualdade existente neste ámbito e a escaseza de noticias referentes ás mulleres, respeto ás dos homes. Deste xeito ademáis de favorecer o uso e traballo con xornais, fomentamos unha actitude crítica no noso alumnado coas desigualdades entre ambos sexos. Podedes ver nesta imaxe aos rapaces e rapazas de 3º e 4º de Educación primaria facendo a análise da prensa deportiva. 

Boa fin de semana!

ENTROIDO

Chegou o ENTROIDO, e para conmemorar o Ano Santo disfrazámonos de peregrinos, tamén deste xeito, damos comezo a un pequeno traballo que faremos sobre o Camiño de Santiago. Neste video podedes ver unha pequena mostra da nosa celebración.

Agradecer ao Concello e á ANPA porque, unha vez máis, nos deron agasallos. MOITAS GRAZAS.

Distribuir contido