Localización

Onde estamos

O noso centro está ubicado no concello de As Somozas, en A Coruña.

 


Ver mapa más grande  

Onde estamos

Á carón da estrada local,derivación da comarcal AC-110  que une a parroquia pontesa de Espiñaredo coa Vila de Cedeira,e a pouco de retomar o camiño cara ao polígono industrial deste concello-Somozas-, atópase o noso centro.

Emprazado nun pequeno outeiro de apenas 200 metros s.n.m. e rodeado perimetralmente de árbores autóctonas que o pretexen  parcialmente dos ventos nordesíos e xistros, ofrece unha xenerosa vista do val drenado polo rego que leva o nome da parroquia que o acubilla-Igrexa- á vez que que domina, esculcante, o pequeno núcleo rural xerme deste concello e que se constitúe en peza básica da súa administración e servizos, coa Casa do Concello, Igrexa, Centro de Saúde, Farmacia, Caixa de Aforros, e diferentes centros comerciais. todos eles nun espazo de apenas 200 metros. Arrodeoados dun medio rural tradicional de caracter disperso con pinceladas dun incipiente e saneado urbanismo-vivendas do Carballo- a sociedade serense-de Santiago Seré das Somozas- conserva en gran medidaaquelas tarefas tradicionais condicionadas polo devenir estacional e que daban -e  aínda dan- sentido a unha agricultura familiar de subsistencia: o arrecendo de xestas e chorimas acompasando á planta das patacas mergulladas en regos de esterco a abono... a cava con sachos e raños baixo un abafante sol canicular das ben coidadas hortas... as colleitas dos produtos típicos nas restrebas ou soutos onde as castañas cobran inevitable protagonismo amenizando os magostos... preparanas alternativasinvernais onde as cacholas de porco relocen nunha lareira con renovados grelos en armonía con nutritivos cachelos -festa do Lisco- anuncian xa a chegada dun renovado ciclo. Nesta paissaxe agrari de típico "bocage" atlántico, as pequenas parcelas limitadas por setos vivos son sustituídas progresivamente por campos cada vez máis abertos arrodeados xa por estacas con arame espiñado; os trazos, tanto das parcelas como das pistas, son retilíneas, amosando estas últimas unha estructura ortogonal por mor dunha recente concentración parcelaria, permitindo unha maior maniobrabilidade da maquinaria agrícola e incrementando a rendabilidade.Asimesmo, as casas tradicionais de dous andares,coa corte de gando e cociña no primeir e a sá de durmir caldeada co bafo requente dos animais no segundo,van dando paso a vivendas tipo chalet axardinado por mor da elevación do nivel de vida.A poboación. na inmensa maioría galego-falante xa dende o eido familiar,que diminuíu nos últimos decenios consecuencia da sanguía que supuxo -e supón- o éxodo rural, vese na actualidade paliada en parte polas áreas dinamizadoras do propio concello :en primeiro lugar-complexo industrial do Marbán coa planta de residuos que acolle diversas actividades de complementariedade vertical-e secundariamente das Pontes e Narón (Rio do Pozo).Este pequeno incremento vense a notar xa nas matriculacions a nivel de infantil.Alí onde un agarimoso regato,arremansado,serpeando as praderías, entre nemorosas ribeiras, en parte xa humanizadas por un paseo fluvial que acolle unha área recreativa -a do Carballo- e donde as paisaxes agrarias deixan entrever unha pertenza as comarcas da Galiza de media montaña,entre as óptimas terras da Mariña Ferrolá e as míticas cumes da Faladoira, atoparás este pequeno CEIP da Igrexa ilusionado por contactar coa xente e compartir experiencias, á vez que ofrecemos a nosa máis encarecida amizade e colaboración para todo aquel que queira achegársenos ben sexa de forma presencial ou internaútica as distancia.  

Distribuir contido