Saltar navegación.

Circulares

Votación para a elección de representantes de pais e nais no Consello Escolar

O vindeiro mércores 23 de novembro de 16:30 a 19:30 horas estará aberta a mesa para realizar a votación.

Poderán votar todas as persoas recollidas no censo electoral.

Das tres candidaturas que aparecen na papeleta deberán marcar tan só unha.

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Na sesión de constitución da Xunta Electoral aprobouse o calendario electoral seguinte:

2 de novembro

Constitución da Xunta Electoral.

Aprobación calendario de actuacións.

Publicación dos censos.

3 - 12 de novembro

Exposición censo no taboleiro de anuncios.

Presentación de reclamacións ao censo.

Presentación de candidaturas.

15 de novembro

Reunión da Xunta Electoral.

Aprobación definitiva de censos.

Proclamación de candidaturas.

Sorteo público para constituír as Mesas Electorais.

Claustro informativo.

22 de novembro

Reunión estraordinaria de Claustro para elección de candidaturas.

23 de novembro

Votación de pais e nais.

24 de novembro

Reunión da Xunta Electoral para proclamar as candidaturas elixidas.

29 de novembro

Constitución do novo Consello Escolar.

 

No taboleiro do centro está exposto o censo de responsables.

 

 

Eleccións ao consello escolar

Atendendo á RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o vindeiro martes 25 de outubro ás 16:30 horas celebrarase o sorteo público para elixir os membros que formarán parte da xunta electoral que arbitrará todo o proceso electoral.

Esta xunta electoral estará composta polo director do centro, un mestre ou mestra, un pai ao nai e un representante do persoal de servizos.

Entradas e saídas do alumnado

Dado que a situación actual en relación co Covid-19 permite voltar en gran medida á normalidade, as entradas e saídas do alumnado ao centro realizaranse atendendo a estes creiterios:

  • Tanto para as entradas como para as saídas abriranse os dous portais, quedando o grande para o alumnado de infantil e o pequeno para o de primaria.
  • Só a partires de que entre ao recinto o alumnado do primeiro autobús, poderá entrar o alumnado non transportado, situándose na zona de cemento.
  • Tan pronto soe a música, o alumnado de primaria entrará pola porta principal e colocarase no corredor en filas. O alumnado de Infantil fará as filas fóra e entrarán pola porta lateral.
  • O alumnado de Infantil sairá polo portal grande e o de primaria polo pequeno.

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

Publicado no partal da Consellería de Educación:

Resumo das directrices para o uso da máscara:

OBRIGATORIO
• Transporte escolar.

RECOMENDADO
• Persoal traballador do centro educativo.
• Alumnado do centro educativo.
• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

Uso de máscaras no entorno escolar

No BOE de hoxe pubícase o "Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19".

Atendendo a este Real Decreto, os centros de ensino non están incluídos como lugares nos que é obrigatorio o uso das máscaras aínda que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a través dos medios de comunicación e non de xeito oficial, parece que non vai deixar de recomendar o uso de máscaras dentro das clases.

No transporte escolar sigue sendo obrigatorio o uso de máscaras.

Votación representantes pais/nais ao Consello Escolar

O vindeiro lus 22 de novembro de 16:30 a 19:30 estará aberta a mesa para realizar a votación.

A mesa estará composta por catro pais ou nais escollidos no sorteo celebrado na xunta electoral do 16 de novembro.

As papeletas para emitir o voto podedes cubrilas cando veñades a votar.

Das 8 candidaturas presentadas teredes que marcar só 1.

Reparto máscaras entre o alumnado de educación primaria para o curso 2021-22

Publicada no DOG a Orde pola que se regula o reparto de máscaras entre o alumnado de educación primaria.

Non ten que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

As solicitudes presentaranse no centro antes do 26 de novembro.

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Con data 2 de novembro proceduse á constitución da xunta electoral que elaborou e aprobou o calendario que se detalla:

Do 3 ao 12 de novembro
  • Exposición censo no taboleiro de anuncios.
  • Presentación de reclamacións ao censo.
  • Presentación de candidaturas.
16 de novembro
  • Reunión da xunta electoral.
  • Aprobación definitiva de censos.
  • Proclamación de candidaturas.
  • Sorteo público para constituír a mesa electoral de pais e nais.
22 de novembro
  • Votación de pais e nais.
23 de novembro
  • Votación persoal de servizos.
  • Reunión extraordinaria de claustro para elección de candidaturas.
24 de novembro
  • Reunión da xunta electoral para proclamar as candidaturas elixidas.
29 de novembro
  • Constitución do novo Consello Escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entradas e saídas para educación infantil

Entradas

Seguindo as indicacións do profesorado de garda:

  • O alumnado transportado entrará no recinto escolar e situaranse no patio cuberto agrupado por aulas.
  • O alumnado non transportado entrará no recinto escolar a partir das 09:55 horas nunha soa quenda.

Saídas

  • O alumnado transportado e non transportado saírá ás 14:55 horas ordenado por niveis.
Distribuir contido