Notas informativas
Autotest de saliva para contactos dun caso positivo por Covid-19
No centro dispoñemos de test de antíxenos por saliva para repartir entre o alumnado que sexa contacto estreito dun alumno/a confirmado/a como positivo ao centro polas autoridades sanitarias.
Criterios de reparto:
O alumnado do ámbito da educación primaria pública e privada da Comunidade Autónoma de Galicia que voluntariamente desexe realizar a proba diagnóstica da COVID-19 tras a detección dun caso esporádico de COVID-19 entre a súa rede de contactos máis próximos (aula, comedor, etc) e que cumpra os seguintes requisitos:
• Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.
• Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.
• Non ter padecido COVID-19 nos 3 meses previos.
Os responsables do alumnado que cumpra estes requisitos poderán solicitar o test no centro.
Vales para libros de texto e material didáctico
Xa poden pasar a recoller os vales para libros de texto de 1º e 2º de educación primaria e os vales para material didáctico de todos os niveis.
DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2017-18
Neste curso foi aprobado como días non lectivos o 13 de outubro e o 18 de maio.
Corrección de erros na convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2017-2018
No DOG de hoxe publícase corrección de erros da convocatoria do Fondo solidario de libros de texto.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170526/AnuncioG0164-230517-00...
Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2017-2018
Publicouse no DOG a convocatoria para solicitar:
- Axudas para libros de texto de 1º e 2º de educación primaria.
- Participar no fondo solidario de libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
- Axudas para material escolar.
O prazo para presentar solicitudes remata o 23 de xuño.
As bases da convocatoria e os impresos pódense descargar aquí.
Admisión alumnado para o curso 2017-2018
A Orde do 25 de xaneiro de 2017 modifica a normativa que arbitra a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos.
A principal novidade é que todo o proceso se centralizará nunha aplicación web na que os responsables do alumnado poden introducir a solicitude de admisión, aínda que tamén se pode presentar no centro como se viña facendo.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)
- Anexo I (Para reservar praza no IES Leliadoura do 1 ao 15 de febreiro)
- Anexo II (Para novas solicitudes de admisión do 1 ao 20 de marzo)
CELENDARIO
- Do 1 ao 20 de marzo:
- Presentación de solicitudes de admisión.
- Do 23 de marzo ao 3 de abril:
- Presentación de documentación para baremación no caso de haber máis solicitudes de admisión que prazas ofertadas.
- Do 20 ao 30 de xuño:
- Formalización da matrícula.
Día non lectivo de libre elección
O día non lectivo de libre elección solicitado á Xefatura Territorial é o 2 de maio de 2017.
Con data 8 de novembro o Xefe Territorial autoriza o 2 de maio de 2017 como día non lectivo.
Calendario escolar para o curso 2016-2017
Consultar o calendario escolar do curso 2016-2017 aquí.
Listaxe definitiva de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto.
No taboleiro de anuncios está exposta a listaxe definitiva de admitidos e excluídos para o fondo solidario de libros de texto para o curso 2016-2017.
Non hai variacións en relación coa listaxe provisional.
Nesta listaxe adxudícanse os libros existentes no fondo actualmente e non se contemplan os de adquisición complementaria, é dicir, os libros que a Consellería debería aportar ao fondo para que todas as solicitudes admitidas reciban os libros aos que teñen dereito.
Dado que pode xurdir algún erro no proceso, recoméndase que o alumnado con dereito a fondo agarde ata setembro para ter a listaxe personalizada dos libros que ten que adquirir pola súa conta.
Listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto.
No taboleiro de anuncios está exposta a listaxe provisional de admitidos e excluídos para o fondo solidario de libros de texto para o curso 2016-2017.
Nesta listaxe provisional adxudícanselle a cada alumno uns libros dos existentes no fondo.
Na listaxe definitiva, que se publicará nos vindeiros días, adxudicaranase os libros de adquisición complementaria, é dicir, os libros que a Consellería deberá aportar ao fondo para que todas as solicitudes admitidas reciban os libros aos que teñen dereito.
Todos os solicitantes están admitidos.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
