Saltar navegación.

Admisión

Formalización de matrícula para o curso 2022-23

O alumnado admitido para o vindeiro curso deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Para elo deberá presentar:

  • Anexo III-1.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia tarxeta sanitaria.
  • Informe médico no caso de alerxias, intolerancias ou enfermidades que requiran atención personalizada.

Publicación das listaxes definitivas de admisión para o curso 2022-23

Publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido para o vindeiro curso.

Todas as solicitudes teñen asignada praza.

Do 20 ao 30 de xuño deberán formalizar a matrícula.

 

Publicación das listaxes provisionais de admisión para o curso 2022-23

Publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso.

Todas as solicitudes teñen asignada praza.

Solicitudes de admisión para o curso 2022-23

Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión para o vindeiro curso.

O 11 de febreiro publicouse no DOG o novo decreto que regula o proceso:

As solicitudes pódense presentar no centro ou a través da aplicación Admision alumnado.

O modelo de solicitude pódese recoller no centro ou descargar aquí.

Por mor da situación de pandemia non haberá xornadas de portas abertas para as familias que queiran coñecer as instalacións e funcionamento do centro pero habilitarase un calendario de visitas individuais polas tardes para as familias interesadas.

Para concretar o día e a hora da visita poden poñerse en contacto co centro no teléfono 881 86 63 47 ou enviando un correo electrónico ao enderezo ceip.olveira@edu.xunta.gal.

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO

Están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas de admisións para o vindeiro curso.

Todas as solicitudes obtiveron praza.

Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria:

  • Anexo III-1.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia tarxeta sanitaria.
  • Informe médico no caso de alerxias, intolerancias ou enfermidades que requiran atención personalizada.

Publicación das listaxes provisionais de admisións para o curso 2021-22

Unha vez rematado o proceso de baremación, procédese á publicación no taboeiro de anuncios do centro das listaxes provisionais de admitidos.

Todas as solicitudes obtiveron praza.

Antes do 16 de maio sairán as listaxes definitivas.

Publicación das listaxes provisionais de admisións para o curso 2020-21

Unha vez rematado o proceso de baremación, procédese á publicación no taboleiro de anuncios do centro das listaxes provisionais de admitidos.

Todas as solicitudes obtiveron praza e deberán formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo.

Admisión do alumnado 2020/21

Prazo de solicitude

  • Do 1 ó 20 de marzo.

Documentación:

  • Anexo II.
  • Fotocopia do libro de familia.

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019/20

No taboleiro de anuncios está exposta a listaxe definitiva de admitidos/as para o vindeiro curso.

Todas as solicitudes teñen praza asignada.

Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, aportando a seguinte documentación:

  • Anexo II.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia tarxeta sanitaria.
  • Enquisa sociolingüística (4º de infantil).

Listaxe provisional admitidos para o curso 2019/2020

Todas as solicitudes presentadas para o vindeiro curso 2019/2020 están admitidas. A principios de Maio sairán as listas difinitivas.

 

Distribuir contido