Saltar navegación.

Claustro

Claustro de profesores e profesoras

O Claustro de profesores é o órgano propio de participación destes no goberno do Centro que ten a responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e, se é o caso, informar sobre todos os aspectos docentes del.
Estará integrado pola totalidade de mestres e mestras que presten servicio nel e será presidido polo Director.
O Claustro de profesores terá as seguintes atribucións:

  • Promover medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no Centro.
  • Coñecer a resolución de conflictos disciplinares.
  • Facer chegar ao Equipo Directivo propostas para a elaboración dos Proxectos Educativos e curriculares do Centro e da Programación Xeral Anual.
  • Aprobar e avaliar os proxectos curriculares e os aspectos docentes da Programación Xeral Anual.
  • Determinar cal é a lingua materna predominante entre os alumnos e alumnas, así como a lingua ambiental, para que ao mesmo tempo estes adquiran de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia.
  • Promover iniciativas no ámbito metodolóxico, tecnolóxico, didáctico ou de organización, así como na experimentación e investigación pedagóxica e na formación do profesorado do Centro.
  • Elixir os representantes para o Consello Escolar.
  • Aprobar os criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos.
  • Analizar e valorar o rendemento escolar do Centro.
  • Coñecer as candidaturas á dirección e os programas presentados polos candidatos.
  • Coordinar as funcións referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos/as.
  • Analizar e valorar os resultados da avaliación que do Centro realice a Administración ou calquera informe referente á súa marcha.
  • Colaborar coa Inspección Educativa nos planos de avaliación do Centro.
  • Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro e a súa situación económica, así como propor todo tipo de iniciativas que tendan a mellorar o funcionamento do Centro en calquera dos seus aspectos.
  • Realizar o proceso de autoavaliación do Centro nos aspectos da súa competencia, así como participar nos procesos de avaliación externa.

O Claustro de profesores reunirase, alomenos unha vez ao trimestre, e sempre que o convoque o Director ou o solicite un tercio dos seus membros.
A asistencia dos mestres/as ás sesións de Claustro son obrigatorias.

Distribuir contido