Consello escolar
Consello Escolar
O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do que participan na súa xestión os distintos membros da Comunidade Educativa.
Composición:
- O Director/a, que será o seu presidente.
- O Xefe/a de Estudos.
- O Secretario/a, que actuará como secretario do Consello, con voz, pero sen voto.
- Un Concelleiro ou representante do Concello.
- Un representante do persoal de administración e servizos.
- Cinco mestres elixidos polo Claustro.
- Cinco representantes dos pais de alumnos/as (un deles proposto pola ANPA).
O Consello Escolar do centro terá as seguintes atribucións:
- Establecer as directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do Centro, aprobalo, avalialo e, de ser o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o Claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente.
- Elixir o Director/a do Centro.
- Propoñer a revocación do nomeamento do Director/a, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios.
- Resolver os conflictos e impoñer as correccións con finalidade pedagóxica que correspondan ás condutas dos alumnos/as que perxudiquen gravemente a convivencia no Centro, dacordo coa normativa que regulamenta os dereitos e deberes dos alumnos/as.
- Decidir sobre a admisión do alumnado, con suxección ao establecido na lexislación vixente.
- Aprobar e modificar o Documento de Organización e Funcionamento do Centro.
- Aprobar o proxecto de orzamento do Centro e a execución del.
- Aprobar e avaliar a PXA do Centro, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ao Claustro.
- Aprobar a programación de actividades extraescolares e complementarias e avaliar o seu desenvolvemento.
- Establecer as directrices para a participación do Centro en actividades culturais, deportivas e recreativas.
- Establecer os criterios de colaboración con outros Centros, Entidades ou Organismos.
- Promover a renovación das instalacións e equipamento do Centro, e vixiar a súa conservación.
- Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a Administración Educativa.
- Colaborar coa Inspección Educativa nos planos de avaliación do Centro, nos termos que a Consellería de Educación estableza.
O Consello Escolar reunirase, alomenos unha vez ao trimestre, e sempre que o director o convoque ou o solicite un tercio alomenos dos seus membros.
»
