Calendario de eleccións ao Consello Escolar
Na sesión de constitución da Xunta Electoral aprobouse o calendario electoral seguinte:
2 de novembro |
Constitución da Xunta Electoral. Aprobación calendario de actuacións. Publicación dos censos. |
3 - 12 de novembro |
Exposición censo no taboleiro de anuncios. Presentación de reclamacións ao censo. Presentación de candidaturas. |
15 de novembro |
Reunión da Xunta Electoral. Aprobación definitiva de censos. Proclamación de candidaturas. Sorteo público para constituír as Mesas Electorais. Claustro informativo. |
22 de novembro |
Reunión estraordinaria de Claustro para elección de candidaturas. |
23 de novembro |
Votación de pais e nais. |
24 de novembro |
Reunión da Xunta Electoral para proclamar as candidaturas elixidas. |
29 de novembro |
Constitución do novo Consello Escolar. |
No taboleiro do centro está exposto o censo de responsables.