Saltar navegación.

Eleccións ao consello escolar

Atendendo á RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, o vindeiro martes 25 de outubro ás 16:30 horas celebrarase o sorteo público para elixir os membros que formarán parte da xunta electoral que arbitrará todo o proceso electoral.

Esta xunta electoral estará composta polo director do centro, un mestre ou mestra, un pai ao nai e un representante do persoal de servizos.