ANPA: Plan madruga e comedor
ANPA MONTE TAHÚME INFORMA
PLAN MADRUGA
O prezo varía según os asistentes.
- Entre 5 e 6 nen@s, terá un custo de 80 euros por neno mensualmente.
- Entre 7 e 11 nen@s, terá un custo de 60 euros por neno mensualmente.
- No caso de ter máis asistentes ao plan madruga o precio será máis económico.
- Estes prezos son sen desayuno, con desayuno son 5 euros máis diarios por nen@.
- O horario do plan madruga sería de 08:00 ata as 10:00 da mañá (ata a entrada no colexio).
SERVIZO DE COMEDOR
O prezo varía según os asistentes
- Entre 5 e 7 nen@s, terá un custo de 8'5 euros menú.
- Entre 8 e 11 nen@s, terá un custo de 7'40 euros menú.
- No caso de ter máis asistentes ao comedor o prezo será máis económico.
- O horario do comedor e de 15:00 a 17:00 horas
__________________________________________
- Os nen@s que se anoten as actividades extraescolares e estén no servizo de comedor, poderán ir directamente ás actividades (comunícalo de anteman aos monitores).
- Para poder anotarse a calquera destes servizos, mandade un correo a seguinte dirección anpaolveira@yahoo.es ca seguinte información:
- Servizo no que estades interesados, Nome e apelidos do nen@, edad, curso, data de nacemento, número de teléfono de contacto e no caso de algunha alexia o enfermidade do nen@ que o monitor deba de saber.
- Todos estes servizos realizaranse no centro escolar.
- Para poder facer uso destes servizos tedes que facervos socios da Anpa Monte Tahúme no curso 2022/2023.