Entradas e saídas do alumnado
Dado que a situación actual en relación co Covid-19 permite voltar en gran medida á normalidade, as entradas e saídas do alumnado ao centro realizaranse atendendo a estes creiterios:
- Tanto para as entradas como para as saídas abriranse os dous portais, quedando o grande para o alumnado de infantil e o pequeno para o de primaria.
- Só a partires de que entre ao recinto o alumnado do primeiro autobús, poderá entrar o alumnado non transportado, situándose na zona de cemento.
- Tan pronto soe a música, o alumnado de primaria entrará pola porta principal e colocarase no corredor en filas. O alumnado de Infantil fará as filas fóra e entrarán pola porta lateral.
- O alumnado de Infantil sairá polo portal grande e o de primaria polo pequeno.