Skip to Content

Descripción

Na actualidade a zona destinada á Biblioteca ocupa uns 62 metros cadrados, está situada na planta baixa do edificio. Nela podemos diferenciar cinco zonas:

  • “Zona de traballos” (onde temos unha mesa para pequeno grupo e outra para gran grupo). Na de pequeno grupo temos a “Zona de espazos creativos”, con xogos matemáticos e de construcións.
  • “Zona de lectura informal”, para ler dun xeito mais distendido (onde está a alfombra de cores). Esta tamén é a zona adaptado ao alumnado de educación infantil.
  • “Zona de audiovisuais”, nela hai dous ordenadores con acceso á rede, unha pantalla extensible e dous radio CD´s, un deles con USB.
  • “Zona de empréstito” (dende esta zona o docente pode visualizar en todo momento calquera das outras zonas), con mesa, ordenador e dúas estanterías altas.
  • Hai outra zona que está fora da biblioteca (no corredor) que é o “Recucho Especial de Lectura”, onde hai varias sillas e estanterías, nela os familiares poden ler e incluso coller libro para préstamo.

Queremos ter unha biblioteca inclusiva, no que o alumnado, profesorado e, o resto da comunidade educativa, non só poidan ter acceso a ela, senón tamén aos recursos dispoñibles a través da colección física ou virtual, aos equipamentos e ás actividades propostas.



page | by Dr. Radut