Saltar navegación.

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto.

No taboleiro de anuncios está exposta a listaxe definitiva de admitidos e excluídos para o fondo solidario de libros de texto para o curso 2016-2017.

Non hai variacións en relación coa listaxe provisional.

Nesta listaxe adxudícanse os libros existentes no fondo actualmente e non se contemplan os de adquisición complementaria, é dicir, os libros que a Consellería debería aportar ao fondo para que todas as solicitudes admitidas reciban os libros aos que teñen dereito.

Dado que pode xurdir algún erro no proceso, recoméndase que o alumnado con dereito a fondo agarde ata setembro para ter a listaxe  personalizada dos libros que ten que adquirir pola súa conta.