Saltar navegación.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2017-2018

Publicouse no DOG a convocatoria para solicitar:

  • Axudas para libros de texto de 1º e 2º de educación primaria.
  • Participar no fondo solidario de libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Axudas para material escolar.

O prazo para presentar solicitudes remata o 23 de xuño.

As bases da convocatoria e os impresos pódense descargar aquí.

Listaxe definitiva admitidos/as para o curso 2017-2018

No taboleiro de anuncios está exposta a listaxe definitiva de admitidos/as para o vindeiro curso.

Todas as solicitudes teñen praza asignada.

Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Publicación listaxe admisións para o curso 2017-2018

No taboleiro de anuncios está exposta a listaxe provisional de admitidos para o vindeiro curso.

Dado que as solicitudes de admisión presentadas non superan a oferta de prazas para o vindeiro curso, todas as solictudes presentadas serán admitidas. O seguinte trámite a realizar será o de formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Admisión alumnado para o curso 2017-2018

A Orde do 25 de xaneiro de 2017 modifica a normativa que arbitra a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

A principal novidade é que todo o proceso se centralizará nunha aplicación web na que os responsables do alumnado poden introducir a solicitude de admisión, aínda que tamén se pode presentar no centro como se viña facendo.

CELENDARIO

  • Do 1 ao 20 de marzo:
    • Presentación de solicitudes de admisión.
  • Do 23 de marzo ao 3 de abril:
    • Presentación de documentación para baremación no caso de haber máis solicitudes de admisión que prazas ofertadas.
  • Do 20 ao 30 de xuño:
    • Formalización da matrícula.

Día non lectivo de libre elección

O día non lectivo de libre elección solicitado á Xefatura Territorial é o 2 de maio de 2017.

Con data 8 de novembro o Xefe Territorial autoriza o 2 de maio de 2017 como día non lectivo.

Calendario escolar para o curso 2016-2017

Consultar o calendario escolar do curso 2016-2017 aquí.

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto.

No taboleiro de anuncios está exposta a listaxe definitiva de admitidos e excluídos para o fondo solidario de libros de texto para o curso 2016-2017.

Non hai variacións en relación coa listaxe provisional.

Nesta listaxe adxudícanse os libros existentes no fondo actualmente e non se contemplan os de adquisición complementaria, é dicir, os libros que a Consellería debería aportar ao fondo para que todas as solicitudes admitidas reciban os libros aos que teñen dereito.

Dado que pode xurdir algún erro no proceso, recoméndase que o alumnado con dereito a fondo agarde ata setembro para ter a listaxe  personalizada dos libros que ten que adquirir pola súa conta.

Listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto.

No taboleiro de anuncios está exposta a listaxe provisional de admitidos e excluídos para o fondo solidario de libros de texto para o curso 2016-2017.

Nesta listaxe provisional adxudícanselle a cada alumno uns libros dos existentes no fondo.

Na listaxe definitiva, que se publicará nos vindeiros días, adxudicaranase os libros de adquisición complementaria, é dicir, os libros que a Consellería deberá aportar ao fondo para que todas as solicitudes admitidas reciban os libros aos que teñen dereito.

Todos os solicitantes están admitidos.

Libros de texto para o curso 2016/17

Enlace para consultar ou descargar o listado de libros de texto para o curso 2016/17:

Relación de libros de texto para o curso 2016/17

Vales para libros de texto e material escolar

Xa poden pasar a recoller os vales para libros de texto de 1º e 2º e os vales para material do alumnado de primaria.

Distribuir contido