Prolongación da alarma
As actividades docentes presenciais suspendéronse inicialmente ata o día 30 pero van seguir suspendidas como mínimo outros 15 días máis.
As directrices da Consellería de Educación establecen que durante estas dúas semanas o profesorado tería que atender telematicamente ao alumnado para facilitarlle materias e recursos didácticos non avaliables.
A totalidade do profesorado do centro puxo á disposición do seu alumnado un repertorio de actividades na plataforma telemática habilitada para tal fin pero sabendo que non todas as familias teñen acceso a internet para descargalas.
A totalidade do profesorado está a elaborar actividades dentro da aula virtual para poñer a disposición de todo o alumnado pero topamos outra vez co mesmo problema: NON TODO O ALUMNADO TEN ACCESO A INTERNET OU MEDIOS TECNOLÓXICOS AXEITADOS.
O sistema educativo galego, por moito fume que nos vendan as autoridades, non está preparado nin ten recursos suficientes para facer chegar a educación en liña a todo o alumnado, e esta discriminación non se soluciona nun prazo tan curto que permita que os centros poidamos avanzar materia e continuar co currículo durante este período de suspensión das clases presenciais.
Segundo o publicado na prensa, a Consellería vai facilitar acceso a internet e recursos tecnolóxicos ás familias que non dispoñan deles. No CEIP de Olveira polo momento non recibimos ningunha información remitida pola administración educativa relacionada co tema. Supoñemos que teremos que ser os centros os que teñamos que elaborar a relación de familias que carecen de acceso a internet ou de medios tecnolóxicos axeitados para traballar con recursos telemáticos.
Polo momento só recibimos directrices para publicar as cualificacións da segunda avaliación con data límite o 3 de abril.
O 3 de abril a partir das 15:00 horas as cualificacións da segunda avaliación poderán consultarse na aplicación Abalar.
Reiteramos a necesidade de descargar e activar a aplicación Abalar Móbil para recibir de xeito inmediato información relacionada coa actividade do centro en xeral e de cada alumno en particular.
Se xurden problemas á hora de activar a aplicación é porque o número de teléfono móbil rexistrado no sistema non coincide co do móbil desde o que se está tratando activar.
O teléfono do centro e o correo electrónico están operativos para faciliar información e clarexar dúbidas sobre calquera tema.
Saúdos e ánimo. A ver se podemos volver á normalidade axiña.
Envío de claves de acceso á plataforma telemática
Xa está operativa a plataforma telemática.
As claves de acceso chegarán ás familias a través da aplicación Abalar Móbil.
Un membro do equipo directivo está obrigado a permanecer no centro de 10:00 a 13:00 horas pero só atenderá o teléfono dado que ninguén pode desprazarse ao centro en virtude do Real Decreto que declara a alerta por coronavirus.
Para calquera dúbida ou aclaración contactade a través do correo electrónico ceip.olveira@edu.xunta.gal.
Plataforma telemática para descargar actividades
INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020, PROVISIONAIS DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DAS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O 16 DE MARZO DE 2020.
Atendendo ao antedito, a dirección do CEIP de Olveira informa das seguintes decisións:
- Poñemos a disposición das familias unha plataforma para descargar actividades na dirección web https://www.ceipdeolveira.org/actividades á que se accederá cun nome de usuario e contrasinal que se facilitarán a través da aplicación Abalar Móbil.
- A aplicación Abalar Móbil será a ferramenta prioritaria de comunicación do centro coas familias.
- O correo electrónico ceip.olveira@edu.xunta.gal e o teléfono do centro 881866347 serán as canles de comunicación das familias co centro.
Ampliación prazo solicitude de admisión
INSTRUCIÓNS DO 13 DE MARZO DE 2020, PROVISIONAIS DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DAS MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O 16 DE MARZO DE 2020
Comunicación coas familias mentres dure o peche
Coa finalidade de recibir toda a información relativa ao peche do centro por mor do coronavirus recomendamos a pais, nais e responsables que activen a función Abalar Móbil, utilidade a través da que o centro emitirá comunicados.
Admisión do alumnado 2020/21
Prazo de solicitude
- Do 1 ó 20 de marzo.
Documentación:
- Anexo II.
- Fotocopia do libro de familia.
Día non lectivo para o curso 2019/20
Neste curso foi aprobado como día non lectivo o 20 de marzo.
ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019/20
No taboleiro de anuncios está exposta a listaxe definitiva de admitidos/as para o vindeiro curso.
Todas as solicitudes teñen praza asignada.
Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, aportando a seguinte documentación:
- Anexo II.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Fotocopia tarxeta sanitaria.
- Enquisa sociolingüística (4º de infantil).
Listaxe provisional admitidos para o curso 2019/2020
Todas as solicitudes presentadas para o vindeiro curso 2019/2020 están admitidas. A principios de Maio sairán as listas difinitivas.
Adminsión do alumnado 2019/2020
Prazo de solicitude:
- Do 1 ó 20 de Marzo.
Documentación:
- Anexo II.
- Fotocopia do libro de familia.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
