Saltar navegación.

Publicación da listaxe definitiva de admitidos ao fondo de libros

No taboleiro do centro está exposta a listaxe definitiva de adxudicación de libros do fondo solidario.

Vales para libros e material

A partir do xoves 1 de xullo poden pasar a recoller:

  • Vales para a adquisición de libros de texto (1º e 2º).
  • Vales para material (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º).

Listaxe provisional admitidos fondo libros

Publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos para o fondo solidario de libros de texto e o número de libros adxudicados a cada solicitante.

Todas as solicitudes están admitidas.

Formalización de matrícula para o curso 2021-22

O alumnado admitido para o vindeiro curso deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Para elo deberá presentar:

  • Anexo III-1.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia tarxeta sanitaria.
  • Informe médico no caso de alerxias, intolerancias ou enfermidades que requiran atención personalizada.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 Publicouse no DOG a convocatoria para solicitar:

  • Axudas para libros de texto de 1º e 2º de educación primaria.
  • Participar no fondo solidario de libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Axudas para material escolar.

O prazo para presentar solicitudes remata o 22 de xuño.

As  solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Quen opte por presentra a solicitude no centro deberá respectar os protocolos de prevención da covid-19 e para concertar a entrega deberá chamar ao teléfono 881866347 para establecer a data e a hora de acceso ao centro e evitar aglomeracións

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO

Están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas de admisións para o vindeiro curso.

Todas as solicitudes obtiveron praza.

Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria:

  • Anexo III-1.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia tarxeta sanitaria.
  • Informe médico no caso de alerxias, intolerancias ou enfermidades que requiran atención personalizada.

Publicación das listaxes provisionais de admisións para o curso 2021-22

Unha vez rematado o proceso de baremación, procédese á publicación no taboeiro de anuncios do centro das listaxes provisionais de admitidos.

Todas as solicitudes obtiveron praza.

Antes do 16 de maio sairán as listaxes definitivas.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/22

Informamos que dende o 1 ao 22 de marzo estará aberto o período de admisión do curso escolar 2021-2022.

Aqueles interesados/as en facer unha visita ao centro, deberán facelo baixo cita previa chamando ao teléfono: 881866347 ou enviando un e-mail a ceip.olveira@edu.xunta.gal

O prazo de visitas será de luns a xoves no horario de 16.30 a  18.30 horas, dende o 25 de febreiro ata o 18 de marzo, ambos inclusive.

Esta medida é aplicada co fin de cumprir o Protocolo COVID  do centro e procurar que non haxa aglomeracións.

Documentación a entregar:

  • Anexo II.
  • Fotocopia do libro de familia e/ou carnet no neno/a.
  • De darse o caso, a sentencia xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia do menor.

Toda a información e o formulario de solicitude pode descargarse en:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

(Dende o centro tamén achegamos o formulario da solicitude-anexo II).

CALENDARIO ESCOLAR

Periodos de vacacions segundo o establecido na Orde do 25 de xuño do 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autonoma de Galicia

1. NADAL: dende o 23 de decembro do 2020 ata o 7 de xaneiro, ambos inclusive.

2. ENTROIDO: Dos días 15 ata o 17 de febreiro do 2021.
3. SEMANA SANTA: Dende o 27 de marzo ata o 5 de abril,ambos inclusive.

Tamén informamos que os días non lectivos elexidos polo centro neste curso serán os seguintes:

  • 2 de novembro do 2020
  • 18 de maio do 2021

Instrucións para actúar en caso de síntomas Covid-19

Información publicada polas cosellerías de Educación e Sanidade para os equipos Covid dos centros.

A partir do minuto 25 detállase a actuación dos pais/nais no caso de síntomas compatibles co covid-19.

https://youtu.be/NQoGSRdPwD8

Distribuir contido