Protocolo COVID actualizado a 14/01/2022
A actuación nos centros educativos diante da aparición de casos de contaxio por Covid-19 seguirá as pautas recollidas na actualización do protocolo publicada o 14 de xaneiro pola Consellería de Sanidade.
Principais novidades:
- O alumnado de infantil e primaria non realizará corentena salvo que se trate de persoas inmunodeprimidas.
- Os/as compañeiros/as deberán extremar as precaucións durante os 10 días seguintes ao último contacto, reducirán os contactos con persoas vulnerables e empregarán a máscara de acordo coa lexislación vixente.
- Ante a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19 non deberán acudir ao centro e sería aconsellable que fixeran probas de antíxenos.
Protocolo actualizado a 14/01/2022
No caso de dar positivo un alumno/a nun autotest realizado no domicilio deberá comunicalo a través deste formulario ou chamando ao 881 540 045.
Campamento de Nadal organizado pola ANPA
A ANPA Monte Tahúme organiza o campamento de Nadal para os nen@s do CEIP de Olveira.
Dende o 22 de decembro ata o 7 de Xaneiro (ámbolos dous inclusive), en horario de 09:00 a 14:00 (con posibilidade dun aumento na entrada e na saída).
Cun custo de 65 euros por nen@.
Tamén temos a posibilidade de que acudan días soltos, por un custo de 8 euros día (con previo aviso á empresa).
Os nen@s disfrutarán de contacontos, manualidades de Nadal, actividades deportivas, xincanas, cines de Nadal e moitas actividades máis.
Todo isto organizado por unha empresa privada que levará a cabo o protocolo covid.
Para inscribirse ao campamento de Nadal, enviade un correo electrónico a anpaolveira@gmail.com coa seguinte información:
-
Nome e apelidos do alumn@.
-
Data de nacemento.
-
Curso.
-
Número de teléfono.
-
Se ten algunha intolerancia ou alerxia.
Fecha máxima de inscripción lunes 20 de decembro.
Votación representantes pais/nais ao Consello Escolar
O vindeiro lus 22 de novembro de 16:30 a 19:30 estará aberta a mesa para realizar a votación.
A mesa estará composta por catro pais ou nais escollidos no sorteo celebrado na xunta electoral do 16 de novembro.
As papeletas para emitir o voto podedes cubrilas cando veñades a votar.
Das 8 candidaturas presentadas teredes que marcar só 1.
Reparto máscaras entre o alumnado de educación primaria para o curso 2021-22
Publicada no DOG a Orde pola que se regula o reparto de máscaras entre o alumnado de educación primaria.
Non ten que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
As solicitudes presentaranse no centro antes do 26 de novembro.
Actividade para as familias no Parque Natural
Actividade gratuíta para público familiar a desenvolver en novembro. Non é necesaria a inscrición.
Máis información de martes a domingo (10:30 a 14:00 horas) no Centro de Recepción de Visitantes “Casa da Costa”, correo-e parque.natural.corrubedo@xunta.gal ou no teléfono 881867645.
Calendario de eleccións ao Consello Escolar
Con data 2 de novembro proceduse á constitución da xunta electoral que elaborou e aprobou o calendario que se detalla:
Do 3 ao 12 de novembro |
|
16 de novembro |
|
22 de novembro |
|
23 de novembro |
|
24 de novembro |
|
29 de novembro |
|
Elección de representantes ao Consello Escolar
Durante o mes de novembro levarase a cabo a renovación parcial de membros do Consello Escolar mediante eleccións directas.
O vindeiro martes 26 de outubro ás 17:30 horas realizarase o sorteo para elixir os membros da Xunta Electoral que estará composta por un pai ou nai, un mestre ou mestra, un representante do persoal de servizos e o director do centro.
A Xunta Electoral e o órgano que arbitra todo o proceso que se inicia co establecemento do calendario de eleccións e remata coa proclamación das candidaturas elixidas.
Entradas e saídas para educación primaria
Entradas
Seguindo as indicacións do profesorado de garda:
- O alumnado transportado entrará no recinto escolar e dirixirase a súa aula correspondente.
- O alumnado non transportado entrará no recinto escolar en dúas quendas:
- 1º, 2º e 3º entrarán ás 09:55 horas.
- 4º, 5º e 6º entrarán ás 10:00 horas.
Saídas
- O alumnado transportado e non transportado sairá ás 14:55 horas ordenado por niveis de 1º a 6º.
- O alumnado transportado e non transportado sairá ás 14:55 horas ordenado por niveis de 6º a 1º.
Entradas e saídas para educación infantil
Entradas
Seguindo as indicacións do profesorado de garda:
- O alumnado transportado entrará no recinto escolar e situaranse no patio cuberto agrupado por aulas.
- O alumnado non transportado entrará no recinto escolar a partir das 09:55 horas nunha soa quenda.
Saídas
- O alumnado transportado e non transportado saírá ás 14:55 horas ordenado por niveis.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
