Traslado da festa fin de curso
A ANPA Monte Tahúme informa:
Por motivos de ameaza de choiva a festa de fin de curso do martes 21, trasladámola ao polideportivo de Artes.
En horario de 17:00 a 20:00 horas (ás 20:00 o pavillón ten que estar baleiro para o desenvolvemento doutra actividade).
Aconsellámosvos levar igualmente bañador e roupa de cambio, xa que se o tempo o permíte tentaremos facer a festa da escuma.
Formalización de matrícula para o curso 2022-23
O alumnado admitido para o vindeiro curso deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Para elo deberá presentar:
- Anexo III-1.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Fotocopia tarxeta sanitaria.
- Informe médico no caso de alerxias, intolerancias ou enfermidades que requiran atención personalizada.
Campamento de verán organizado pola ANPA
Este ano para facilitar a conciliación familiar imos organizar un campamento de verán para todos os nen@s de entre 3 e 12 anos, sexan ou non alumnos do Ceip de Olveira.
Realizarase nas instalacións do colexio pola empresa Yumi Yai Park. Con actividades coma Yinkanas, talleres, cociña, rutas, cine, manualidades, prácticas deportivas.
O horario será de 9:30-14:00 e terá comezo o 1 de Xullo ata o 31 de Agosto (ámbolos dous incluidos). Se algunha familia o precisa poderá dar comezo o 23 de Xuño.
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
O prazo para presentar solicitudes remata o 22 de xuño de 2022.
Toda a información na aplicación fondolibros.
Anexo I e Anexo II para presentar no centro se non se opta pola presentación telemática.
Publicación das listaxes definitivas de admisión para o curso 2022-23
Publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes definitivas de alumnado admitido para o vindeiro curso.
Todas as solicitudes teñen asignada praza.
Do 20 ao 30 de xuño deberán formalizar a matrícula.
Publicación das listaxes provisionais de admisión para o curso 2022-23
Publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso.
Todas as solicitudes teñen asignada praza.
Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia
Publicado no partal da Consellería de Educación:
Resumo das directrices para o uso da máscara:
OBRIGATORIO
• Transporte escolar.
RECOMENDADO
• Persoal traballador do centro educativo.
• Alumnado do centro educativo.
• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.
Uso de máscaras no entorno escolar
No BOE de hoxe pubícase o "Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19".
Atendendo a este Real Decreto, os centros de ensino non están incluídos como lugares nos que é obrigatorio o uso das máscaras aínda que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a través dos medios de comunicación e non de xeito oficial, parece que non vai deixar de recomendar o uso de máscaras dentro das clases.
No transporte escolar sigue sendo obrigatorio o uso de máscaras.
Solicitudes de admisión para o curso 2022-23
Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión para o vindeiro curso.
O 11 de febreiro publicouse no DOG o novo decreto que regula o proceso:
As solicitudes pódense presentar no centro ou a través da aplicación Admision alumnado.
O modelo de solicitude pódese recoller no centro ou descargar aquí.
Por mor da situación de pandemia non haberá xornadas de portas abertas para as familias que queiran coñecer as instalacións e funcionamento do centro pero habilitarase un calendario de visitas individuais polas tardes para as familias interesadas.
Para concretar o día e a hora da visita poden poñerse en contacto co centro no teléfono 881 86 63 47 ou enviando un correo electrónico ao enderezo ceip.olveira@edu.xunta.gal.
Autotest de saliva para contactos dun caso positivo por Covid-19
No centro dispoñemos de test de antíxenos por saliva para repartir entre o alumnado que sexa contacto estreito dun alumno/a confirmado/a como positivo ao centro polas autoridades sanitarias.
Criterios de reparto:
O alumnado do ámbito da educación primaria pública e privada da Comunidade Autónoma de Galicia que voluntariamente desexe realizar a proba diagnóstica da COVID-19 tras a detección dun caso esporádico de COVID-19 entre a súa rede de contactos máis próximos (aula, comedor, etc) e que cumpra os seguintes requisitos:
• Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.
• Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.
• Non ter padecido COVID-19 nos 3 meses previos.
Os responsables do alumnado que cumpra estes requisitos poderán solicitar o test no centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
